Un tambor é un instrumento de percusión membranófono que consta dunha caixa de resonancia, xeralmente de forma cilíndrica, e unha (ou dúas) membranas, chamadas parches, que cobren as aperturas da caixa.

Bongó, unha clase de tambor.

Xeralmente, para soar, o tambor é golpeado no parche coa man ou con algún obxecto, comunmente baquetas; aínda que tamén se pode percuti-la caixa ou o canto superior da mesma.

En xéneros musicais como o rock ou o jazz, a maior parte dos tambores utilizados están no conxunto de instrumentos coñecido como batería.

Historia

editar
 
Vasilla da cultura moche que amosa un tambor. Colección do museo Larco, Lima.

Os tambores empréganse dende as eras máis remotas da humanidade. Crese que os primeiros tambores foron troncos ocos de árbores tocados cos pés ou con garabullos. Porteriormente, cando o ser humano aprendeu a cazar e as peles de animais pasaron a ser utlizadas na fabricación de roupas e outros obxectos, decatáronse que ao estricar un pé sobre o tronco o son producido era máis agudo. Os macacos golpean obxectos de xeito rítmico para demostrar dominio social e parece ser procesado de xeito similar no seu cerebro cá vocalización, suxerindo unha orixe evolucionaria dos tambores como forma de comunicación social.[1] Outros primates fan ruídos de tambores golpeando o seu peito ou aplaudindo,[2][3] e roedores como a rata canguro tamén fan sons semellantes usando as súas garras no chan.[4]

Nas culturas do neolítico na China, atopáronse tambores feitos de caveiras de aligátores, do período 5500–2350 a.C. Segundo os rexistros literarios, os tambores con características xamánicas adoitaban seren empregados en cerimonias rituais.[5]

Os tambores exercían nas civilizacións primitivas diferentes papeis. Alén da produción de música para rituais e festas, os tambores, debido á súa gran potencia sonora, tamén se empregaron como medios de comunicación.

Nos textos bíblicos é posible atopar varias referencias ao tambor; cómpre salientar, no antigo testamento, algúns exemplos: após a pasaxe polo mar Vermello, Míriam e as mulleres de Israel danzaron ao son de tambores (Éxodo 15:20). Outras mulleres danzaron con tambores após as vitorias de Saúl e David (1 Samuel 18:6). O Salmo 149 (verso 3) incentiva a louvar ao Señor con arpa e adufe.

Actualmente, alén das peles de animais que continúan a seren empregadas nos tambores tradicionais, utilízanse tamén peles sintéticas ou membranas plásticas, que teñen a vantaxe de sufriren menos coas variacións de temperatura e precisan de menos tensión para produciren sons con bastante calidade.

Os tambores empréganse tamén na marcación rítmica de marchas ou na comunicación de comandos militares.

Tipos de tambores

editar
 
Un par de bongôs.

Todos os tambores son membranófonos, mais existen moitas características que poden variar:

Formatos e materiais

editar
 
O tam tam é un exemplo de tambor.

O formato do corpo dos tambores varía debido á súa forma de construción. Os tambores poden estar feitos de troncos de árbores escavados ou ripas de madeira fixadas por aneis como un barril de formato cónico. Os tambores con corpo metálico normalmente posúen o corpo totalmente cilíndrico, como os timbais, as caixas e os tam tam. Os tímpanos, á súa vez, posúen corpo esférico.

Existem tamén moitos outros formatos posibles. Algúns, como o djembê posúen corpo en forma de copa (máis largos nunha das extremidades). Outros, como o tambor falante posúen corpo en forma de ampola (máis largos nas extremidades).

Definición do son

editar
 
Dundun, Dunun ou Djun djun, instrumento de percusión de dúas partes e que pode ter unha campaíña. Moitas veces, é o instrumento central dunha orquestra djembê, encargado dos golpes máis graves.

A maior parte dos tambores producen sons sen altura definida, mais algúns son afinábeis e permiten producir nota definidas. Os tímpanos permiten a afinación precisa e a variación da nota producida a través de pedais que alteran a tensión da pel. Os tam tam e os timbais permitem unha afinación un pouco menos precisa e cada tambor só produce unha nota. Iso significa que para obter a mesma cantidade de notas que dous ou tres tímpanos producen, sería necesaria unha cantidade moito maior de tam tam. Algúns outros instrumentos permitem que o percusionista controle a altura da nota producida alterando coas mans a tensión da pel, tal como ocorre nas táboas e nos tambores falantes (embora* nestes casos as notas non sexan afinadas con precisión).

 
Toque cun cepillo de arame.

Os tambores poden ter pele en só unha ou en ambas as extremidades. Os que posúen dúas peles, poden ser executados pola percusión simultánea de ambas as peles, como nunha zabumba. A segunda pel pode ter só papel estético ou contribuír no timbre do instrumento, como ocorre coa caixa, que posúe esteiras na segunda pele.

Execución

editar

Os tambores poden ser percutidos con baquetas, cepillos de arame ou directamente coas mans, exercendo así o papel de abafadores para alterar o timbre, a altura ou a intensidade do son producido. Os tambores de gran porte como o xaponés taiko, normalmente precisan de grandes baquetas, mentres que as baquetas de tambores menores, como un tamboril non pasan de pequenas varelas.

Os tambores son utilizados en todos os tipos de música, como instrumentos rítmicos, contribuíndo á marcación do tempo da música. Cada cultura e xénero musical, no entanto, utiliza un conxunto diferente de tambores, que serven para definir a súa personalidade rítmica.

Nas relixións

editar

A utlización de tambores en rituais relixiosos tamén é moi importante, sobre todo nas relixións afro-brasileiras, como o Candomblé, Umbanda, Batuque, Xambá e Tambor-de-Mina, onde se chaman atabaque, ilú, ngoma ou inhã dependendo do país. Non só se empregan para acompañamento dos cánticos e das danzas, senón que asumen tamén un papel sagrado de ligazón coas divindades.

No Caribe, os Arará con instrumentos que inclúen o ogan (unha campá de ferro que no Brasil se chama de ou agogô), que pode ser substituído por un guataca (lámina de enxada), cachimbo (tambor menor, cun volume do son elevado), mula (tambor médio), e caja (tambor maior, cun volume do son baixo). Os tambores son de cabeza única e fechados no fondo. Outros nomes para estes tambores tamén se usan nalgunhas partes da República Dominicana, como hungan para o caja. O líder é tocado cunha varela e unha man, mentres que os outros se tocan con pares de varetas por tocadores sentados.

Exemplos

editar

Os intrumentos de tipo tambor máis comúns, son:

 
Banda musical tocando tambores, platillos e outros instrumentos.
  1. Remedios, R; Logothetis, NK; Kayser, C (2009). "Monkey drumming reveals common networks for perceiving vocal and nonvocal communication sounds". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 106 (42): 18010–5. PMC 2755465. PMID 19805199. doi:10.1073/pnas.0909756106. 
  2. Clark Arcadi, A; Robert, D; Mugurusi, F (2004). "A comparison of buttress drumming by male chimpanzees from two populations". Primates; journal of primatology 45 (2): 135–9. PMID 14735390. doi:10.1007/s10329-003-0070-8. 
  3. Kalan, AK; Rainey, HJ. (2009). "Hand-clapping as a communicative gesture by wild female swamp gorillas". Primates 50 (3): 273–5. PMID 19221858. doi:10.1007/s10329-009-0130-9. 
  4. Randall, JA. (2001). "Evolution and Function of Drumming as Communication in Mammals". American Zoologist 41 (5): 1143–1156. doi:10.1668/0003-1569(2001)041[1143:EAFODA]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  5. Liu, Li (2007). The Chinese Neolithic: Trajectories to Early States. Cambridge: Cambridge University Press. 0-521-01064-0, páx. 123

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar