Altura (música)

percepción da frecuencia dun son

A altura refírese ao xeito como o oído humano percibe a frecuencia fundamental, ou o que é o mesmo, a altura é unha calidade do son que nos permite distinguir se un son é grave (baixo) ou agudo (alto). De xeito que se as baixas frecuencias son recoñecidas como sons graves (baixos), mentres que as altas frecuencias son recoñecidas como sons agudos (altos).

Independentemente do sistema musical, a altura dos sons indica o rexistro, por exemplo tres rexistros elementais: grave, medio e agudo.

Ao ser un tipo de frecuencia, a unidade empregada para medir a altura é o Hertz (Hz). O límite inferior do oído encóntrase entre os 16 e os 20 Hz. Por riba dun límite entre os 16.000 aos 20.000 Hz (segundo o oído de cada persoa) deixase de oír son. Os sons por debaixo do límite inferior de audición son denominados infrasóns, mentres que os que están por riba do límite superior son chamados ultrasóns.

Altura absoluta e altura relativa en música

editar

Unha altura absoluta deseña unha frecuencia precisa (a frecuencia do diapasón actual é de 440 Hz, é unha altura absoluta).

Unha altura relativa designa a relación de frecuencias, é dicir un intervalo, en termos de solfexo. A transposición musical consiste en "desprazar" a altura absoluta de cada nota conservando os intervalos (e polo tanto as súas alturas relativas).

Na música tonal, a altura de referencia que permite apreciar unha altura relativa, pode ser:

Notación de altura

editar

En música podemos representar a altura por medio das seguintes ferramentas:

  • Pentagrama: Conxunto de cinco liñas horizontais, paralelas e equidistante, sobre cuxas liñas e espazos comprendidos entre elas se escriben a meirande parte dos signos musicais.
  • Clave: Signo colocado ao principio do pentagrama sobre unha liña que determina o nome e a altura da nota colocada en dita liña, e por relación, o nome das demais, por exemplo: a clave de Do en primeira nos indica que a nota colocada na primeira liña do pentagrama é un Do. As claves empregadas son: Sol (sobre a segunda liña), Fa (sobre a terceira e a cuarta liña) e Do (sobre a primeira, segunda, terceira e cuarta liña).
  • Liñas adicionais: Son liñas que se escriben por riba ou por debaixo do pentagrama de forma paralela e equidistante do mesmo. Empréganse para colocar notas que polo seu ámbito acústico superan a extensión do pentagrama.
  • Oitava alta e oitava baixa: Empréganse para evitar a confusión provocada pola abundancia de liñas adicionais cando a escritura se mantén en rexións afastadas do pentagrama, escribindo os sons desexados á oitava superior ou inferior e sinalando o fragmento cunha liña de puntos precedida de 8ª alta, 8ª ou simplemente 8 para o primeiro caso, e 8ª bassa (8ª sotto, 8ª bª) para o segundo caso. Xeralmente para o primeiro caso colócase enriba e para o segundo abaixo.
  • Índices acústicos: Son sistemas que nos permiten fixar a altura absoluta dos sons sen recorrer á notación musical convencional. Consisten en ordenar tódolos sons en orde ascendente e atribuír a cada Do un subíndice que se conserva para tódalas demais notas que lle seguen.

Bibliografía

editar