O tamboril é un instrumento de percusión bimembranófono, pertencen a familia dos tambores, de amplo uso Europa e Hispanoamérica.

Un atabal, tamboril de Valencia, cunha dulzaina.

Características editar

Consiste nun cilindro de madeira, de entre 20 e 50 centímetros de altura e entre 20 e 40 centímetros de diámetro. Os parches son de pel, suxeitos por dous bastidores que se unen entre si por unha corda en forma de zig-zag ou outros mecanismos. No caso das cordas, uns torniquetes de coiro permiten tensar as cordas e, polo tanto, os parches, obtendo así un mecanismo de afinación.

Na parte interior, pegados o parche inferior, leva unhas pequenas cordas de pel ou similar, chamadas bordóns, que engaden variantes tímbricas o instrumento. Os bordóns ténsanse tamén cun mecanismo que leva na parte exterior da caixa. Un, en ocasións dous, buraquiños na caixa, chamados ouvidos, permiten equilibrar a presión do interior da caixa.

Para tocalo suxéitase de distintas formas: cun cinto que se pasa polo ombreiro ou cun ferro que se engancha na cintura do pantalón. Antigamente tamén se suxeitaba ao pulso da man esquerda cunha corda, pero este modo incrementaba a dificultade da técnica necesaria para tocalo.

Bátese con dous paus chamados baquetas, feitos de madeira dura; na man esquerda a baqueta queda apoiada no dedo medo e suxeito co polgar, mentres que na man dereita, que queda coa palma cara a abaixo, apóiase no polgar e suxéitase cos outros catro. As dúas baquetas quedan lixeiramente libres para poder facer redobres, mentres que tamén é posible facer golpes nítidos e controlar a forza co que baten no parche. En ocasións cos paus bátese no canto do tamboril ou directamente na caixa.

Historia editar

 
Tocadores de frauta de tres buracos e tamboril, nunha das miniaturas das Cantigas de Santa María.

O instrumento aparece xa nas Cantigas de Santa María. Toda a iconografía deste instrumento desde a Idade Media mostra ao tamboril e á frauta de tres buracos unidos, tanto na Corte como na aldea. Aínda que o tamaño varía a colocación e execución do intérprete parecen similares sempre.

Úsase en toda Europa e en Hispanoamérica, acompañando a outros instrumentos como gaitas, dulzainas ou frautas, ou en ocasións como instrumento solista para bailes. En certos lugares o tamboril tócase cunha soa baqueta, quedando a outra man libre para tocar outro instrumento, por exemplo, unha frauta de tres buracos.

Usos editar

Típico da Península Ibérica, a súa forma varía notablemente segundo a zona xeográfica onde se utilice. Así, na provincia de León e na metade norte da provincia de Zamora, por exemplo, adoita ter uns 40 cm de diámetro por 60 de alto. Os aros que suxeitan a pel son metálicos e a pel ténsase cun sistema de parafusos similar ao dos redobrantes. Alí a técnica de golpeo é de abaixo cara a arriba e con movemento de boneca, tecendo ritmos rápidos e recargados. Ademais, non se utiliza o aro.

Na zona sur da provincia de Zamora, en Trás-os-Montes e nas provincias de Salamanca e Cáceres a altura do cilindro é maior[Cómpre referencia]. Aquí aparecen ritmos con golpes acentuados a contratempo, caso do charro, e ritmos coxos (en Salamanca sobre todo) en charradas, picádevos, perantóns. Utilízase o golpeo no aro e noutras partes do parche para conseguir distintas intensidades sonoras. O tamboril chega xa a ter grandes dimensións nas provincias de Badaxoz e Huelva e no Alentejo portugués, polo que teñen unha sonoridade moi grave que favorece os ritmos simples e básicos. En todos os casos o tamboril golpéase cunha soa baqueta e coa man dereita.

O tamboril tamén adoita servir de acompañamento a frautas e dolzainas nas provincias castelás, leonesas e valencianas, pero en zonas illadas como Jaca ou Yebra de Jasa, en Huesca, e comarcas do País Vasco francés nas que a frauta tamén se acompaña cun salterio de cordas (tamén chamado chicotén en Zaragoza ou ttun-ttun no País Vasco).

O seu uso está ligado tanto a música de baile e festa como a ritos relixiosos e procesións. Tamén vincúlase a música militar. En todos os casos, vén sendo substituído en ocasións pola caixa ou os tambores modernos, tanto polo seu son máis uniforme como pola maior intensidade.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar