Ana Guerra

cantante española

Ana Alicia Guerra Morales, nada en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife) o 18 de febreiro de 1994, coñecida como Ana Guerra, é unha cantante e compositora española que se deu a coñecer pola súa participación no programa Operación Triunfo 2017.

Modelo:BiografíaAna Guerra

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ana Alicia Guerra Morales Editar o valor en Wikidata
18 de febreiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
San Cristóbal de La Laguna, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, presentadora, compositora, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz, guitarra, piano, frauta travesa e Claves Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor en Wikidata
Participou en
2017Operación Triunfo 2017 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaVíctor Elías Villagrasa (2021–)
Miguel Ángel Muñoz (2018–2020)
Jadel (2014–2018) Editar o valor en Wikidata

Páxina webanaguerraoficial.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm9380740 Twitter: anaguerra Instagram: anaguerramusic Telegram: anaguerrawarmusic Youtube: UCluC_MjkxIvvH6AUiP__tKQ Spotify: 3MRynBsyLGzv3IQ9Fip6hO iTunes: 353485786 Musicbrainz: 67158463-7136-4204-8a07-d65959594e92 Discogs: 6371626 Allmusic: mn0003683993 Deezer: 364890 Genius: Ana-guerra Editar o valor en Wikidata

Foi candidata para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con dous temas, «El remedio», e un tema en dueto coa tamén concursante Aitana Ocaña titulado «Lo malo». Finalmente, ambas as cantantes non foron seleccionadas para representar o país no certame europeo.[1] O sinxelo «Lo malo», que quedou en terceiro lugar cun 26%, alcanzou o número 1 nas listas musicais de España e obtivo catro discos de platino con 160 000 compras dixitais.

Tras a súa saída de OT 2017, Ana Guerra publicou en plataformas dixitais o seu tema «Ni la hora», no cal contou coa colaboración de Juan Magán.[2] Na súa primeira semana de lanzamento posicionouse no número un da lista de vendas oficial española, certificándose como quinto disco de platino ao superar as 40 000 vendas, sendo escoitada en máis de 17 países de Europa e Latinoamérica. O seu sinxelo «Bajito» foi ademais disco de ouro. No periódico dixital El Español, considerárona unha das concursantes de máis éxito de Operación Triunfo. Ana Guerra cita a Juan Luis Guerra, Michael Bublé e Luis Miguel como as súas influencias artísticas.

Traxectoria

editar

Iniciouse no mundo da música impulsada polo seu pai. Cursou oito anos de frauta travesa no Conservatorio Profesional de Música de Santa Cruz de Tenerife. Guerra traballou como asesora de perfumería, camareira e actriz de musicais.

Carreira musical

editar

Inicios

editar

​En 2002 apareceu por primeira vez en televisión no programa Menudas estrellas, presentado por Alonso Caparrós. Máis tarde participou en Veo Veo, presentado por Teresa Rabal. Tamén foi parte do Concerto de Nadal coa Orquestra Sinfónica de Tenerife. Ademais, actuou no Carnaval de Santa Cruz de Tenerife, como vocalista dunha das comparsas, así como na Gala de elección da Raíña do Carnaval.

Tamén actuou como solista e formando parte doutros grupos nos principais teatros e auditorios da illa de Tenerife. En 2015, trasladouse a Madrid en busca de máis oportunidades profesionais.

​No seu currículum destacan os musicais Jesucristo Superstar e Evita, formando parte do elenco de producións do Auditorio de Tenerife. Este último espectáculo estivo en cartel na Gran Vía madrileña durante máis dun mes.

2017-2018: Operación Triunfo 2017

editar

En 2017 presentouse á selección de Operación Triunfo 2017, programa de televisión que volvía tras anos sen emisión. Foi escollida como unha dos 16 participantes do talent show e quedou clasificada como quinta finalista. Tras a súa saída do programa, Ana e o resto de compañeiros do concurso iniciaron a xira OT 2017 en concierto en Barcelona e percorreron varias cidades ao longo de todo o ano.

Como finalista de OT 2017, foi candidata a representar a España no Festival de Eurovisión de 2018 con dous temas, «El remedio», e un tema a dúo xunto a Aitana titulado «Lo malo». A gala de selección da canción tivo lugar o 29 de xaneiro e Ana Guerra chegou á fase final só con «Lo malo». Finalmente, quedou en terceira posición.

Dende 2018: Primeiros singles despois de OT

editar

Tras o seu paso por Operación Triunfo 2017, Aitana e Ana Guerra publicaron a versión definitiva de «Lo malo», que se converteu nun éxito de vendas en España, conseguindo cinco discos de platino.[3]

En marzo de 2018, gravou o tema principal da serie de TVE Fugitiva, que veu acompañada dun pequeno vídeo musical mesturado con escenas da mesma. Ese mesmo mes, Guerra acudiu aos Premios Dial celebrados no Centro Internacional de Feiras e Congresos de Tenerife, xunto a algúns dos seus compañeiros de OT 2017.

O 27 de abril publicou unha remasterización de «El remedio», a canción que presentou en solitario á preselección de Eurovisión, composta por Nabález con tinguiduras latinas a cal foi incluída no seu primeiro álbum de estudio.

En xullo anunciou nas súas redes sociais que o día 6 dese mesmo mes, lanzaría en plataformas dixitais «Ni la hora», un tema no que colaborou co cantante Juan Magán. Segundo a artista, elixiu colaborar con Magán xa que é un artista que non discrimina as mulleres nos seus videoclips e cancións. O vídeo de «Ni la hora» conseguiu máis de 2,5 millóns de visitas en YouTube en tres días, para apenas dous días despois, subir a 4,5 millóns e aos 10 días, superar os 8 millóns de visitas. O tema colocouse no número un da lista de vendas oficial española na súa primeira semana de lanzamento.[4][5] Para agosto de 2018 certificouse como quinto disco de platino pois superou as 40 000 vendas mentres que nas plataformas musicais online superou as 35 millóns de reproducións en Spotify e YouTube e sendo escoitada en máis de 17 países de Europa e Latinoamérica.

O 20 de setembro foi candidata nos Los 40 Music Awards 2018 nas categorías de Artista Revelación do Ano, xunto a Aitana, e Canción do Ano por «Lo malo». Finalmente, recibiu o premio a Artista Revelación do Ano.

O 25 de xaneiro, finalmente Ana Guerra publicou o seu primeiro álbum titulado «Reflexión». Este inclúe nove pistas, das cales xa se coñecían varias como «Ni la hora», «Bajito» e «Lo Malo (Remix)», ademais de incluír unha versión acústica de «Ni la hora». Foi todo un éxito tras colocarse no número 2 nas listas de vendas oficiais.

A comezos de 2019, Ana participou como artista invitada no novo disco de David Bustamante titulado Héroes en tiempos de Guerra, en concreto na canción «Desde que te vi». Guerra xa cantara con Bustamante en directo no concerto Camiñando Xuntos no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid en xuño de 2018.[6]

O 5 de febreiro de 2019 anunciouse que o seu sinxelo «Bajito» se certificou como disco de ouro en España ao superar as 20 000 unidades reais de venda dixital e streaming.

O 21 de febreiro de 2019 Ana Guerra e a súa compañeira de Operación Triunfo 2017 Aitana Ocaña cantaron xuntas «Lo malo» nos Premios Lo Nuestro en Miami, uns galardóns que concede Univisión aos músicos hispanos do ano.

Vida persoal

editar

Dende a súa saída de OT 2017, Ana Guerra foi unha personaxe habitual dos círculos da prensa rosa e o corazón.

Guerra mantivo durante tres anos unha relación sentimental có cantante Javier Luis Delgado, máis coñecido artisticamente como Jadel, quen gañou o concurso de talentos El número uno en 2012.[7] Posteriormente, dende o verano de 2018 relacionouse a Ana sentimentalmente co actor Miguel Ángel Muñoz.

Comerciais e sociedade

editar

Ana converteuse, en xuño de 2018, en imaxe da marca de cosmética española Camaleón Cosmetic. Meses máis tarde foi a imaxe promocional para a marca Skechers España.

O primeiro anuncio de televisión de 2019, que se emitiu tanto en Antena 3 como en Telecinco, Cuatro e laSexta foi a canción «El mundo entero», a cal foi producida por Coca-Cola e protagonizada por algúns ex concursantes de OT 2017, entre eles, a mesma Ana, Agoney, Aitana Ocaña ou Mimi Doblas.[8]

Discografía

editar

Discos

editar
  • 2019: «Reflexión»
  • 2021: «La luz del martes»
  • 2023: «Érase una vez»
  • 2023: «Sin Final»

Sinxelos

editar
  • 2018: «Lo malo» (con Aitana)
  • 2018: «Ni la hora» (con Juan Magán)
  • 2018: «Bajito»
  • 2019: «Sayonara» (con Mike Bahía)
  • 2019: «Culpable o no» (con Luis Cepeda)
  • 2020: «Tarde O Temprano»
  • 2020: «Listo va» (con Lérica)
  • 2021: «Tik-Tak»
  • 2023: «Si me quisieras»
  • 2023: «Tiempo de Descuento»
  • 2024: «Contar Mentiras»
  • 2024: «Canción de luto» (con Coti)

Colaboracións

editar
  • 2018: «Camina» (con Aitana Ocaña, Alfred García, Amaia Romero e Miriam Rodríguez)
  • 2018: «El mundo entero» (con Agoney Hernández, Aitana, Lola Índigo, Raoul Vázquez e Maikel Delacalle)
  • 2019: «Desde que te vi» (con David Bustamante)
  • 2019: «El Viajero (Remix)» (con Nabález e Yera)
  • 2019: «Acepto Milagros» (con Tiziano Ferro)
  • 2020: «Robarte el Corazón» (con Bombai)
  • 2020: «Dos segundos» (con Huecco)
  • 2020: «Los amigos no se besan en la boca» (con Lasso)
  • 2020: «¡Contigo siempre es Navidad!» (con Raphael, Bely Basarte, María Parrado, Luis Cepeda, Antonio José e Miriam Rodríguez)
  • 2021: «Peter Pan» (con David Otero)
  • 2022: «Voy a pensar en ti» (con Fran Perea)

Sinxelos promocionais

editar
  • 2018: «El remedio»
  • 2018: «Olvídame»

Bandas sonoras

editar
  • 2018: «Fugitiva» (da serie Fugitiva)
  • 2020: «En el amor todo es empezar» (da película Explota, explota)
  • 2020: «Historias que nos unen» (curta de Nadal de Disney)
  1. Prats, Marina (25 de abril de 2018). "Aitana y Ana Guerra irán al Eurovisión paralelo organizado por fans del festival". huffingtonpost.es. Consultado o 23 de febreiro de 2019. 
  2. "Ana Guerra se estrena al lado de Juan Magán con su nuevo single ‘Ni la hora’". mundodeportivo.com. 7 de decembro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2019. 
  3. "'Lo malo' de Aitana y Ana Guerra, ¿la canción del verano?". El Español (en castelán). 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Redacción (9 de xullo de 2018). "Ana Guerra y Juan Magán lo petan en YouTube con el videoclip de ‘Ni la hora’". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2018. 
  5. Moreno, Adrian; Ortiz, Luis Miguel (9 de xullo de 2018). "Ana Guerra: "Mi disco será una mezcla rara de cosas"". Los 40 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  6. "OT Bernabéu – David Bustamante canta con Ana Guerra `Por debajo de la Mesa´". rtve.es (en castelán). 11 de setembro de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  7. HerGar, Paula (31 de outubro de 2017). "¿Quíen es Jadel? El famoso novio de Ana Guerra (OT 2017)". Los 40 (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  8. "La canción del anuncio de Coca Cola 2018 reúne a los 'triunfitos': Aitana, Ana Guerra, Lola Índigo, Raoul y Agoney, juntos por Navidad". Las Provincias (en castelán) (Vocento). 21 de decembro de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

editar