Miguel Ángel Muñoz
Miguel Ángel Muñoz é un actor e cantante español, nado en Madrid o 4 de xullo de 1983.
Miguel Ángel Muñoz | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Miguel Ángel Muñoz Blanco |
Nacemento | 4 de xullo de 1983 |
Lugar | Madrid |
Nacionalidade | España |
Profesión | cantante, bailarín, actor de teatro, actor de cinema, modelo, actor de televisión, director de documentais e guionista |
Na rede | |
http://www.miguelangelmunoz.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Formación editar
Muñoz debutou como actor con 9 anos, interpretando un pequeno papel no filme El palomo cojo. Tamén tivo algunhas pequenas aparicións en series de televisión españolas, como Al salir de clase, Periodistas ou Hospital Central. En 2003 fixo algúns traballos de dobraxe e aparicións en filmes pouco difundidos.
Un paso adelante editar
Chegou á popularidade en 2002 interpretando o personaxe de Rober Arenales na teleserie Un paso adelante. Esa serie, ambientada nunha escola de danza, valeulle para darse a coñecer tamén como cantante. Fixo primeiro diversas xiras e actuacións co grupo de intérpretes da serie, chamado UPA Dance, e logo en solitario (2006) publicou un álbum baixo o nome de M.A.M..
Discografía editar
En UPA Dance editar
- 2002: Upa Dance
- 2003: Upa Dance Edición Especial
- 2003: Live (concerto de Almería)
- 2005: Contigo
Como solista editar
- 2006: Miguel Ángel Muñoz, do que se estraíu o sínguel Dirás que estoy loco.