Whitney Elizabeth Houston, nada en Newark o 9 de agosto de 1963 e finada en Los Angeles o 11 de febreiro de 2012, foi unha cantante estadounidense de R&B, soul, pop e gospel, aínda que tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo. Segundo Libro Guinness dos Récords é, até a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, trinta premios Billboard Music Awards e vinte e dous American Music Awards, para un total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais que vendeu un maior número de discos no mundo: máis de 170 millóns de álbums, sinxelos e vídeos. Desde os seus inicios viuse influenciada por destacadas cantantes de soul como a súa nai Cissy Houston, as súas curmás Dionne Warwick e Dee Dee Warwick e a súa madriña Aretha Franklin. Aos once anos empezou a súa formación musical nun coro infantil dunha igrexa en Nova Jersey, pero o seu talento foi descuberto tempo despois por Clive Davis, presidente de Aresta Records, na época en que cantaba xunto á súa nai en clubs nocturnos de Nova York.
Whitney Houston |
---|
 |
Nome completo | Whitney Elizabeth Houston |
---|
Nacemento | 9 de agosto de 1963 |
---|
Lugar | Newark |
---|
Falecemento | 11 de febreiro de 2012 |
---|
Lugar | Beverly Hills |
---|
Causa | afogamento |
---|
Soterrado | Fairview Cemetery |
---|
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Etnia | Afroamericano |
---|
Relixión | Baptismo |
---|
Educada en | Mount Saint Dominic Academy |
---|
Nai | Cissy Houston |
---|
Cónxuxe(s) | Bobby Brown |
---|
Fillos | Bobbi Kristina Brown |
---|
Profesión | cantante, actriz, produtora, pianista, música, actriz de cinema, modelo, produción musical, compositora, produtor, artista discográfico e actriz de televisión |
---|
|
 |
[ editar datos en Wikidata ] |
|