Efrén Rodríguez

futbolista galego

Efrén Rodríguez Gallego, nado o 12 de agosto de 1988 en Pontedeume, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e militou en varios equipos de Segunda B e Terceira División.

Efrén Rodríguez
Información persoal
Nome Efrén Rodríguez Gallego
Nacemento 12 de agosto de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Pontedeume
Altura 1,86 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
2005–2007 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2008 Deportivo da Coruña 0 (0)
2007–2008Ciudad de Santiago (cedido)
2008–2009 Narón
2009–2010 Montañeros 7 (0)
2013–2014 Racing Vilalbés 28 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

É irmán da cantante Miriam Rodríguez.

Traxectoria editar

Formouse na canteira do Deportivo da Coruña e sendo aínda xuvenil disputou co Fabril en Riazor o Trofeo Juan Acuña 2005, onde lle marcou un gol ao gardameta do Deportivo, Gustavo Munúa.[1] A súa boa actuación propiciou que realizase algúns adestramentos co primeiro equipo, adestrado naquel entón por Joaquín Caparrós.[2] Formou parte tamén da selección galega sub-18 que participou no Campionato de España de seleccións autonómicas de 2006.[3]

Despois de estar durante meses de baixa por unha fractura de tibia e peroné, na tempada 2007/08 o Deportivo cedeuno ao Cidade de Santiago, da Terceira División,[4] co que logrou o ascenso á Segunda B.[5] Na seguinte tempada fichou polo Narón, tamén de Terceira, e na 2009/10 recalou no Montañeros, que iniciaba a súa primeira tempada na Segunda B.[6]

Despois de non contar apenas con minutos no equipo coruñés,[7] na tempada 2010/11 fichou polo Bergantiños, de Terceira. Militou dúas campañas no club carballés, adestrado na primeira por Manuel Varela Bardanca e na segunda por Chus Baleato.[8] En xuño de 2012 asinou co Dorneda, tamén en Terceira,[9] e ao ano seguinte pasou ao Racing Club Vilalbés, onde militou unha tempada antes de colgar as botas.[10]

Entre 2014 e 2015 foi preprarador físico e segundo adestrador de Félix García no Baio, pasando logo ao Laracha.[11] Posteriormente comezou a traballar como adestrador persoal e como coordinador da área de saúde e exercicio do Club do Mar de San Amaro, na Coruña.[12]

Notas editar

  1. "El Deportivo gana un Juan Acuña devaluado y anodino". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2005. p. 33. 
  2. Antelo, Iván (29 de xaneiro de 2018). "Cuando el hermano de Miriam de «OT 2017» marcó en Riazor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  3. "El focense David jugará el Nacional con la selección gallega sub-18". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 16 de marzo de 2006. p. 13. 
  4. "Efrén, cedido al Ciudad de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 2007. p. 38. 
  5. "El Ciudad de Santiago renueva el contrato de diez futbolistas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xullo de 2008. p. 37. 
  6. "El Montañeros puede convertirse hoy en equipo de Segunda B, en sustitución del Ciudad de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2009. p. 34. 
  7. "El Montañeros trata de romper en Estella su mala racha". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2010. p. 35. 
  8. "El delantero Efrén, del Montañeros, se suma al equipo de Varela Bardanca". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 21 de agosto de 2010. p. 9. 
  9. "Un fichaje y siete renovaciones". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2012. p. 44. 
  10. "Efrén, nuevo ariete para el Vilalbés". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 11 de xullo de 2013. p. 11. 
  11. "Un alta y seis bajas en el Laracha de Félix García para Regional Preferente". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 6 de xuño de 2015. p. 9. 
  12. "De Efrén a hermano de Miriam, de «Operación Triunfo»". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 4 de febreiro de 2018. p. 6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar