Vis a vis (serie de televisión)

Vis a vis foi unha serie de televisión española de xénero dramático, suspense e carcerario, producida por Globomedia para Antena 3. Estreouse o 20 de abril de 2015 como líder da noite, cun 22,4% de cota de pantalla e unha media de 4.308.000 espectadores. O 26 de maio de 2015 a serie foi renovada por unha segunda tempada. O 6 de xullo de 2017 anunciouse oficialmente que FOX Networks Group España, Atresmedia e Globomedia alcanzaron un acordo para a produción da terceira tempada, estrenada en FOX o 23 de abril de 2016. No 2018 confirmouse oficialmente, tamén, a cuarta tempada e en xaneiro de 2019 confirmouse oficialmente que a cuarta tempada da serie sería a derradeira e contaría cun final pechado.

Vis a vis

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoblack comedy (en) Traducir, serie de televisión policíaca, serie de televisión de suspense e serie de televisión de temática LGBTI+ Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aDaniel Écija e Álex Pina Editar o valor en Wikidata
Director/aJesús Colmenar (en) Traducir, Sandra Gallego, Marc Vigil (en) Traducir, Ramón Salazar (pt) Traducir, Carles Torrens, Jesús Rodrigo (en) Traducir, David Molina Encinas e Álex Rodrigo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraGlobomedia e Fox International Channels (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aNetflix Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalAntena 3 e Star Channel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo20 de abril de 2015 Editar o valor en Wikidata
Remate4 de febreiro de 2019 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 10 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios40 Editar o valor en Wikidata
Tempadas4 Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBantena3.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt4524056 Filmaffinity: 441483 Allocine: 18960 Rottentomatoes: tv/vis_a_vis
Facebook: a3visavis Twitter: visavisoficial Netlix: 80059465 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O derradeiro capítulo emitiuse o 4 de febreiro de 2019.

Historia

editar

A serie íbase a chamar orixinalmente Mosquita muerta, pero Antena 3 cambioulle o nome por Vis a vis antes da súa estrea, non chegando a utilizarse en ningún memento de forma oficial.[1]

Sinopse

editar

Macarena (Maggie Civantos) é unha moza inxenua que, por amor ao seu xefe, comete varios delitos de manipulación e malversación de contas na empresa na que traballa. É descuberta e acúsase de catro delitos fiscais, polo que é recluída no cárcere Cruz del Sur de forma preventiva. Alí terá que enfrontarse ao choque emocional que supón para ela entrar no cárcere, e ás complicadas relacións entre as reclusas, entre as que destaca Zulema (Najwa Nimri), a interna máis perigosa do centro. O cárcere será un lugar onde pronto descubrirá que as posibilidades de sobrevivir aos sete anos que piden de condena, pasan por cambiar, evolucionar e converterse noutra persoa moi distinta. É a transformación dunha persoa inofensiva, aparentemente incapaz de facer dano, nunha supervivente que vai deixando atrás os seus escrúpulos.

Personaxes

editar
  1. "Antena 3 se monta su propio 'Orange Is The New Black' en 'Vis a vis'". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 05 de maio de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar