Marcos Orsi
actor brasileiro
Marcos Helly Orsi, nado en 1964 en Santo André (São Paulo) é un actor brasileiro residente en Galiza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Santo André, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como actor na compañía dramática brasileira Arte Livre. Con ela viaxou a Europa en 1986 fixando a súa residencia en Galiza, no país participou en varias compañías coma Ollomol e no Centro Dramático Galego, participou tamén en numerosas series de televisión coma Rías Baixas, Mareas vivas, Matalobos, Serramoura, ou A estiba.
No mundo do cine os seus papeis máis importantes son a súa participación no Agasallo de Silvia e O lapis do carpinteiro.
Filmografía
editar- A metade da vida (1994)
- O rei nu (1995)
- Pratos combinados (1995; como Luís Delgado)
- O tesouro (1997)
- Décimo aniversario (1998)
- Mareas vivas (1998)
- El comisario (1999)
- Era outra vez (1999; como Bruno)
- Rías Baixas (1999; como Marcos da Silva)
- O río ten mans (2000)
- Galicia Exprés (2000; como Paulo)
- Tanto ten (2000)
- Hospital Central (2000)
- Entre bateas (2001; como João)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Cota vermella (2003)
- O agasallo de Silvia (2003; como directivo)
- A miña sogra e mais eu (2004; como Óscar Ledo)
- Baseado en feitos que... puideran ter acontecido (2006)
- S.O.S. (2006)
- O Nordés (2009; como Wilson Alves)
- Matalobos (2009; como Zico)
- A ópera dos tres reás (CDG, 2011)
- Padre Casares (2013)
- Os fenómenos (2014; como João)
- Casa Manola (2014; como Dimas Fernández)
- Serramoura (2015)
- A estiba (2019; como Lionel Barbosa)
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor | Rías Baixas | Nomeado |