A miña sogra e mais eu
serie de televisión
A miña sogra e mais eu é unha serie de televisión producida por Voz Audivisual para a TVG no ano 2004, creada e escrita por Raúl Dans e Daniel Domínguez e dirixida por Quico Cadaval. O argumento céntrase nun actor en paro, Óscar, que non ten máis remedio que ir vivir coa súa familia á casa da súa sogra, Ana.
A miña sogra e mais eu | |
---|---|
Formato | Comedia |
Creado por | Raúl Dans e Daniel Domínguez |
Dirixido por | Quico Cadaval |
Intérpretes | Ana Kiro (Ana), Marcos Orsi (Óscar), Carolina Vázquez, Teté Delgado, Evaristo Calvo, Santi Romay, Sara Casasnovas, Xoán Pérez, Carlos Pereira |
Tema de apertura | Iván Ferreiro de Los Piratas |
País de orixe | Galiza |
Episodios | 26 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | David Martínez |
Duración | aproximadamente 60 minutos por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 2004 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Elenco de actores
editar- Ana Kiro (Ana, a sogra)
- Marcos Orsi (Óscar Ledo, o xenro)
- Carolina Vázquez (Alicia, a muller)
- Sara Casasnovas (Carol, a filla)
- Adrián Seijas (Rober, o fillo)
- Laura Méndez (Lila, a amiga de Rober)
- Teté Delgado (Nuria, empregada axencia de viaxes)
- Xoán Pérez (Ricardo, xefe de Alicia e Nuria)
- Santi Romay (Daví, camareiro do Universal)
- Evaristo Calvo (Fidel, o representante)
- Marta Castro (Elvira, a amiga de Ana)
- Xosé Luís Bernal (Telmo, pretendente de Ana)
Capítulos
editar- A grande ilusión
- Chovendo pedras
- Sabotaxe
- O substituto
- Otelo
- O rei da comedia
- Adiviña quen vén esta noite
- A vida nun fío
- Crise? Que crise?
- Naceu unha estrela
- Sospeita
- A familia ... e un máis
- Viaxe a ningunha parte
- Bola de fogo
- Pequeno grande home
- Tes un e-mail
- Xiro inesperado
- Touro salvaxe
- A idade da inocencia
- A gran bouffe
- Presunto inocente
- Nos brazos da muller madura
- O xogo de Hollywood
- Viven
- A fogueira das vanidades
- Voando a Río