O lapis do carpinteiro (filme)
O lapis do carpinteiro (en castelán: El lápiz del carpintero) é un filme galego dirixido por Antón Reixa baseado na novela homónima de Manuel Rivas. O filme conta unha historia ambientada durante a guerra civil española en Galiza. Obtivo os premios, o mellor actor e o do público, no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (2004).
O lapis do carpinteiro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El lápiz del carpintero |
Director | Antón Reixa |
Produtor | Juan Gordón Antón Reixa |
Guión | Xosé Morais Antón Reixa |
Baseado en | O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas |
Intérpretes | Tristán Ulloa Luís Tosar María Adánez Nancho Novo |
Música | Lucio Godoy |
Fotografía | Andreu Rebés |
Montaxe | Guillermo Repesa |
Distribuidora | Biblos Clube de Lectores La Voz de Galicia Warner Sogefilms |
Estrea | 2002 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Orzamento | € 3.300.000 |
Na rede | |
Sinopse
editarDaniel Da Barca é un xove médico e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas na Galicia de 1936. A súa moza, Marisa Mallo, filla dun coñecido oportunista reaccionario, loita dende fóra para devolverlle a liberdade. A testemuña do seu amor é Herbal, un apoucado carcereiro que asiste entre atónito e furioso ás historias e conversas que manteñen os presos para facer máis levadora a súa condena. Moitos presos son fusilados clandestinamente; axiña chegará a quenda de Daniel e será de novo Herbal quen, vítima e verdugo dos seus propios medos, se debata entre a violencia e a conciencia.
Personaxes
editar- Tristán Ulloa como Daniel Da Barca
- Luís Tosar como Herbal
- María Adánez como Marisa Mallo
- Carlos Blanco como Pintor
- Nancho Novo como Zalo
- María Pujalte como Beatriz
- Manuel Manquiña como Benito Mallo
- Anne Igartiburu como Madre Izarne
- Maxo Barjas como Laura
- Carlos Sobera como Landesa
- Sergio Pazos como Sarxento Somoza
- Xosé Manuel Esperante como Boldemir
Galardóns e nomeamentos
editar- 2004: XIX edición do Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, Arxentina. Premio ao mellor actor (Luís Tosar) e premio do público.
- 2004: Festival Cinespaña de Tolosa. Filme máis votado polo público.