O Nordés é unha serie de televisión de ficción emitida pola TVG durante a tempada 2009-10, e que se desenvolve na redacción dun modesto xornal da cidade de Vigo. Estreouse o 17 de setembro de 2009.

O Nordés
FormatoDrama
Dirixido porMarta Piñeiro / Alfonso Zarauza
IntérpretesMabel Rivera (Amelia)
X. Manuel Olveira (Horacio)
Fernando Morán (Alfredo)
Monti Castiñeiras (Mateo)
Olalla Salgado (Álex)
Víctor Fábregas (Antonio)
País de orixeGaliza
Episodios13
Produción
Duraciónaproximadamente 60 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeiro episodio17 de setembro de 2009
Na rede
IMDB: tt1505103 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento

editar

A serie narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción d' O Nordés, un xornal modesto e centenario da cidade de Vigo. Os seus protagonistas son os xornalistas. Cada capítulo estrutúrase en función da rutina laboral de cada xornada, desde a primeira reunión matinal do consello de redacción ata que os lectores o reciben a primeira hora da mañá do día seguinte.

A empresa familiar que dirixe O Nordés pasa por un mal momento económico e sofre presións por parte dun comprador para facerse co seu control. Con todo, máis alá do xornal e dos xornalistas, as principais historias que se narran na serie son as que xorden dos casos que día a día tratan os profesionais da información: sucesos, temas de actualidade e de interese humano.

Elenco de actores

editar

Principal

editar

Abandonaron

editar

Episódico

editar

Capítulos e audiencias

editar
   Capítulo Título Data de estrea Espectadores   Share  
PRIMEIRA TEMPADA
1      "O centenario"    Xoves, 17 de setembro de 2009 120.000 12,7%
2      "O mellor oficio do mundo"    Xoves, 24 de setembro de 2009 s/d s/d
3      "O racismo vende xornais"    Xoves, 1 de outubro de 2009 121.000 11,1%
4      "Tamén estamos no negocio"    Martes, 6 de outubro de 2009 s/d s/d
5      "Unha foto atopada nun taxi"    Martes, 13 de outubro de 2009 71.000 7,6%
6      "Gasóleo, restos de peixe e pintura de barcos"    Martes, 20 de outubro de 2009 87.000 8,5%
7      "A mellor maneira de comezar o día"    Martes, 27 de outubro de 2009 96.000 9,6%
8      "Un narcotraficante aburrido"    Martes, 3 de novembro de 2009 110.000 11,3%
9      "Son só negocios"    Martes, 10 de novembro de 2009 59.000 5,8%
10      "Unha botella de ron"    Martes, 17 de novembro de 2009 138.000 13,5%
11      "Puido ser bonito, moi bonito"    Martes, 24 de novembro de 2009 73.000 7,8%
12      "Lisboa"    Martes, 1 de decembro de 2009 120.000 10,9%
13      "O vigués do ano"    Martes, 8 de decembro de 2009 107.000 10,2%

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Receptor Resultado
2009 Mellor serie de televisión CTV e Zopilote Nomeado
Mellor realizador Marta Piñeiro e Alfonso Zarauza Gañadores
Mellor música orixinal Piti Sanz e Iván Laxe Gañadores

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar