Cristina Castaño

actriz galegakk

Cristina Castaño Gómez, nada en Vilalba o 30 de novembro de 1978, é unha actriz galega.

Modelo:BiografíaCristina Castaño

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsNacho Castaño Editar o valor en Wikidata
ParentesPepe Domingo Castaño, tío Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0144519 Instagram: cristinacastano_oficial BNE: XX5664070 Editar o valor en Wikidata

Fíxose coñecida en Galicia polo seu papel de Paula Barreiro na serie de éxito Pratos combinados e no resto de España polos seus traballos en Al salir de clase e La que se avecina.

É irmá do tamén actor Nacho Castaño e sobriña do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.

Traxectoria

editar

Naceu en Vilalba e criouse en Vilagarcía de Arousa. É sobriña do comunicador Pepe Domingo Castaño e ten catro irmáns, sendo un deles o tamén actor Nacho Castaño. Xunto a el tivo un pequeno papel en 1987 no filme Divinas palabras, aparecendo máis tarde con papeis episódicos nas series Del Miño al Bidasoa e A familia Pita. Con 18 anos marchou a Madrid para estudar xornalismo. En 1999 traballou xunto a Concha Velasco na obra teatral Las manzanas del viernes.

No ano 2000 deuse a coñecer en Galicia grazas ó seu papel de Paula Barreiro na serie da TVG Pratos combinados. Pouco despois chegoulle a oportunidade de incorporarse ó elenco doutra serie de éxito, esta vez a nivel español, Al salir de clase. Era un papel para o verán, pero quedou ata o final da serie, en 2002, aparecendo en 318 episodios. Deste modo, abandonou Pratos combinados, pasando o seu personaxe a ser interpretado por María Castro, e converteuse nunha das promesas saídas da canteira do serial xuvenil de Telecinco.

Neses anos tivo pequenas intervencións noutras series e películas, ademais de proxectos teatrais, e mesmo probou sorte no mundo da canción, participando nalgún concerto con Carlos Núñez e Lucía GIl e mesmo representando a España no Festival Internacional da Canción de Viña del Mar de 2001.[1] En 2005 volveu á TVG formando parte do elenco doutra serie, 4º sen ascensor, onde interpretaba un dos tres papeis protagonistas xunto a Xúlio Abonjo e Xosé Barato. No ano 2006 traballou no filme Días azuis e entrou cun dos papeis protagonistas no musical Fama, co que realizou máis de 600 representacións na súa xira. No último trimestre de 2007 entrou a formar parte do elenco da serie Herederos (TVE), protagonizada por Concha Velasco. Ó ano seguinte abandonou esta produción para incorporarse a El Comisario no papel da forense Sara Ruiz, na que sería a derradeira etapa da veterana serie de Telecinco.

En 2009 uniuse ao elenco da serie La que se avecina de Telecinco como a psicóloga Judith Becker, o que lle deu unha gran notoriedade en España. Compaxinou dito traballo con aparicións noutras producións como a serie de Telecinco Frágiles ou varios monólogos en El club de la comedia. En 2015 volveu ao teatro para participar noutro musical, Cabaret, dirixido por Jaime Azpilicueta. O musical estivo en cartel no Teatro Rialto de Madrid dende outubro de 2015 ata xuño de 2016, prorrogándose este prazo varias veces debido ao grande éxito de público, que sumou máis de 200.000 espectadores, e viaxou logo por outras cidades.[2] O seu papel como Sally Bowles valeulle a Cristina o premio á actriz revelación nos Premios do Teatro Musical.[3]

En maio de 2016 anunciou que abandonaba La que se avecina tras 90 capítulos para dedicarse a outros proxectos.[4] Participou nos filmes Nacida para ganar e La madriguera e interpretou a Constanza de Borgoña na serie ambientada en Galicia O final do camiño. No 2017 traballou no filme Proyecto tiempo, de Isabel Coixet, e en 2018 en Sin rodeos, de Santiago Segura, e na serie Cuerpo de élite de Antena 3, onde tivo o papel protagonista de Elena.[5] Dende setembro de 2018 e ata finais de 2019 protagonizou xunto ao tamén galego Javier Gutiérrez a obra de teatro ¿Quien es el Señor Schmitt? de Sergio Peris-Mencheta.[6] Tamén en 2019 apareceu nos filmes Bajo el mismo techo e Lo dejo cuando quiera e protagonizou a serie Toy Boy, que a pesar de ser un fracaso en Antena 3, foi renovada para unha segunda tempada grazas ás súas numerosas visualizacións internacionais en Netflix.[7]

En 2020 estreouse o filme Caribe "Todo incluído", que rodara anos antes, e apareceu nun episodio da serie da BBC The Mallorca Files.[8]

Películas

editar

Curtametraxes

editar

Televisión

editar

Personaxes fixos

editar

Personaxes episódicos

editar

Teatro

editar

Premios e nomeamentos

editar
  1. "Cristina Castaño y Elvira Prado En el festival de Viña del Mar" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  2. "Cristina Castaño nos trae su Cabaret a Sevilla" (en castelán). 19 de decembro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "“Cabaret” se impone en los Premios del Teatro Musical" (en castelán). 6 de xuño de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  4. "Cristina Castaño deja 'La que se avecina'" (en castelán). 6 de maio de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  5. "Cristina Castaño, la madre coraje de ‘Cuerpo de élite’: “Muchas mujeres se van a sentir identificadas”" (en castelán). 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  6. "Cristina Castaño y Javier Gutiérrez debutan en el Teatro Español con '¿Quién es el señor Schmitt?'" (en castelán). 18 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  7. Onieva, Álvaro (9 de marzo de 2020). "Desmontando el “éxito” de ‘Toy boy’ en Netflix: ¿son fiables esos rankings?" (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  8. "Cristina Castaño: "La profesión no me está negando papeles dramáticos"" (en castelán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  9. Lista de nomeados ós Premios do Público TV

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar