Isabel Risco

actriz galega

Isabel Martínez-Risco Valdivieso, máis coñecida como Isabel Risco,[1] nada na Coruña o 7 de abril de 1975,[2] é unha actriz galega.

Modelo:BiografíaIsabel Risco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Sitio webisabelrisco.eu Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2383251 Facebook: isabel.risco Instagram: is_a_bell_risco Youtube: UC5Kfxt9P_Qm1ghv28RbwMDw Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Graduada en Pedagoxía Teatral (2005), comezou no teatro universitario en 1997. Durante a súa xuventude xogou 11 anos ao rugby, nas filas do Zalaeta, co que participou na Liga Galega.[3]

Foi presentadora de galas, contadora de contos e traballou na radio. Realizou varios traballos na TVG e participou nos programas Land Róber, Air Galicia, O show dos Tonechos e Ata a cociña, e nas series Padre Casares, A vida por diante, O Nordés, Era visto!, Caseiros, Augas Quentes e Casa Manola.

En cine traballou en Onde está a felicidade?, Os mortos van á présa, na curtametraxe Tourettes e no documental Koruño, legado de Hércules.

No teatro actúa en Bravas. A nosa historia con saias e a rachar.[4]

É neta de Sebastián Martínez-Risco.

Política

editar
 
Actuando con Marián Bañobre na gala de entrega dos Premios María Casares no 2014.

Participou co Bloque Nacionalista Galego, aparecendo nas listas da formación nacionalista para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[5]

Galardóns e nomeamentos

editar
Premios Mestre Mateo
Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actriz secundaria Era visto! Gañadora
  1. Ficha AVG, Consello da Cultura Galega
  2. "Isabel Risco: “Os galegos posuímos no humor outra grande riqueza”". Noticias de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  3. "Isabel Risco: “Fun cuarta na primeira Liga Galega de rugbi e eramos catro equipos”". DxT Campeón (en castelán). 13 de outubro de 2024. Consultado o 13 de outubro de 2024. 
  4. Montenegro, Gloria. "Isabel Risco: "A historia das mulleres galegas está soterrada"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-20. 
  5. "A actriz Isabel Risco na lista do BNG". La Voz de Galicia. 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de abril de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar