Abrir o menú principal

Land Róber Tunai Show

(Redirixido desde "Land Róber")

Land Róber Tunai Show é un programa de humor e entretemento que se emite os xoves ás 22:00 na Televisión de Galicia e repitese os domingos ás 19:05. É presentado por Roberto Vilar dende xaneiro de 2015, e conta tamén con humoristas como Xosé Antonio Touriñán, Manuel Manquiña, Isabel Risco, Pili Pampín e Eva Iglesias. Na banda do programa está tamén Tonhito de Poi.

Land Róber Tunai Show
Producido por CTV Producións Audiovisuais
Día(s) de emisión Xoves
Horario de emisión 22:15
Cadea TVG
Día da estrea 21 de xaneiro de 2015
Páxina web oficial
Twitter: @LandRoberTVG
Páxina de Land Róber Tunai Show no Facebook
"Land Rober" redirixe aquí, para o fabricante inglés de automóbiles véxase: Land Rover.

Índice

CaracterísticasEditar

Unha sección do programa é unha comedia de situación titulada Os Panchos. Dura uns quince minutos, e ten lugar na cafetaría dun tanatorio, rexentada por Pancho (Roberto Vilar). Polo tanatorio andan tamén Camariñas (Touriñán), a pantasma dun defunto, e Concha (Pili Pampín), a irmá de Pancho.

Outra das seccións é O xogo das cadeiras, onde os convidados escoitan as historias que contan algunhas persoas do público sentadas nunha cadeira. Se a historia non gusta ou é aburrida, os convidados premen un botón e a cadeira tira co que conta a anécdota.

Tamén se emite un contido chamado Cociña pa la juventú, onde Leluca, unha anterior colaboradora no programa, explica aos rapaces e rapazas como valerse por si mesmos na cociña. A cociña tamén ten un papel importante na sección Máster Voz, onde os convidados cociñan e cantan ao mesmo tempo.

Ademais destes novos contidos, o programa recupera contidos do anterior Land Róber, como Histerias de hospital e Criaturas da noite, que teñen un peculiar personaxe chamado Felipe II.

Tempadas e audienciaEditar

Tempada Nº Programas Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 19 21 de xaneiro de 2015 27 de maio de 2015 131 000 12,2%
2 38 23 de setembro de 2015 15 de xuño de 2016 146 000 14,3%
3 42 16 de setembro de 2016 29 de xuño de 2017 186 000 20,2%
4 39 7 de setembro de 2017 31 de maio de 2018 192 000 22,7%
Total 138 2015

Véxase taménEditar