Benedicta Sánchez

actriz galega

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo[1] en 1935, é unha actriz e fotógrafa galega. Mellor coñecida polo seu papel protagonista no filme O que arde (2019), polo que gañou o Premio Goya como mellor actriz revelación no ano 2020.

Benedicta Sánchez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Premios Goya 2020 - Benedicta Sanchez Premiados.jpg
Sánchez no 2020
Nome completoBenedicta Sánchez Vila
Nacemento24 de outubro de 1935 (87 anos)
LugarO Corgo, Galicia, España
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActriz
Na rede
IMDB: nm10715878 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Benedicta Sanchez naceu o 31 de outubro de 1935 no lugar de San Fiz, na parroquia de Paradela do concello lucense do Corgo. A mestra de Manán de Abaixo (San Cosme de Manán), Elisa Polanco, levouna para a súa casa en Lugo, para que puidese completar os seus estudos[1].

Casou aos 17 anos cun mozo de Pol e marcharon vivir alí. Aos 25 anos marchou co seu home ao Brasil. En Río de Xaneiro traballou nunha casa, nun bar, nunha librería e finalmente atopou a súa paixón na fotografía, ao que se adicou o resto do tempo en América. Tivo unha filla pero anos despois separouse do seu home por malos tratos. Retornou a España coa súa filla e instalouse en Valencia. Logo volveu ó Corgo para adicarse ás terras e á casa familiar.

Foi a actriz protagonista do filme O que arde de Óliver Laxe, e pola súa interpretación, foi nomeada aos Premios Goya 2020 como mellor actriz revelación, premio que gañou.[2]

RecoñecementosEditar

En 2019 foille concedida a medalla Castelao.[3]

En 2020 gañou o premio Goya á mellor actriz revelación.[4]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar