O que arde

filme de 2019 dirixido por Óliver Laxe

O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural[4] e dos lumes forestais.[5] O elenco está composto por actores non profesionais[4] da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.

O que arde
O que arde.png
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalO que arde
DirectorÓliver Laxe
ProdutorAndrea Vázquez
Xavi Font
Andrea Queralt
Mani Mortazavi
GuiónSantiago Fillol
Óliver Laxe
IntérpretesAmador Arias
Benedicta Sánchez
MúsicaXavier Font
FotografíaMauro Herce[1]
MontaxeCristóbal Fernández
EstudioMiramemira
Kowalski Films
4 a 4 Productions
Tarantula Luxembourg
DistribuidoraNUMAX Distribución (España)
Pyramide Films (Francia)
EstreaCannes: 21 de maio de 2019[2]
Francia 4 de setembro de 2019
Galicia 11 de outubro de 2019
Duración85 minutos
OrixeGalicia Galicia
Flag of France.svg Francia
Luxemburgo Luxemburgo
XéneroDrama documental
Recadación446.571,77 € (aínda en cinemas)[3]

Estreouse na sección "Un Certain Regard" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019,[6] onde gañou o premio do Xurado,[7] sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial.[8] É o filme en galego con maior recadación e o máis visto da historia,[9] con máis de 82.662 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, e máis de 446.571,77 € recadados,[3] superando a Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989).[10]

ArgumentoEdit

Vídeos externos
  "Trailer O QUE ARDE (Oliver Laxe, 2019)". YouTube. NUMAX. 

A historia desenvólvese nos Ancares lucenses e conta a historia de Amador Coro (interpretado por Amador Arias), un veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á súa casa, coa súa nai Benedicta (intepretada por Benedicta Sánchez), a súa cadela Luna e as súas vacas. As súas vidas transcorren con normalidade no medio da natureza da súa aldea até que un día un lume arrasa a rexión.

PersonaxesEdit

  • Amador Arias como Amador Coro
  • Benedicta Sánchez como Benedicta
  • Elena Mar Fernández como Elena, a veterinaria
  • Inazio Abrao como Inazio
  • Iván Yáñez
  • David de Poso
  • Álvaro de Bazal

ProduciónEdit

 
Óliver Laxe na XII edición dos Premios Gaudí (2020).

En maio de 2017, logo de que Óliver Laxe recibise o Premio da Semana da Crítica de Cannes por Mimosas, deuse a coñecer cal sería o seu seguinte proxecto cinematográfico.[4] O filme está motivado polos moitos incendios ocorridos durante varios anos en Galicia.[11] Nas primeiras fases do proxecto, o filme recibiu o título provisional de "Aquilo que arde".[12] A idea orixinal era a de crear un falso documental sobre os incendios,[4] mais o proxecto evolucionou a un filme de ficción. Trátase dunha coprodución entre Galicia, Francia e Luxemburgo,[13] onde os incendios e a piromanía teñen unha grande importancia para o argumento e os personaxes, mais segundo o propio director é en realidade un filme sobre a desaparición do rural, que moitas veces é acelerado polos lumes.[4] O equipo de produción do filme comezou a buscar actores non profesionais en Navia de Suarna e escolleron a Amador Arias, garda forestal de profesión, e a Benedicta Sánchez, unha muller de 83 anos no momento da rodaxe, como protagonistas.[4]

RodaxeEdit

O filme comezou a rodaxe en marzo de 2018, e entre as súas localizacións están varios lugares dos concellos lucenses de Cervantes e Navia de Suarna. O verán dese ano foi un dos que menos incendios sufriu na historia recente de Galicia,[14] en contraposición coa vaga de incendios forestais de 2017.

Para poder gravar preto do lume, o equipo de rodaxe tivo que recibir adestramento físico e teórico como bombeiros.[14] Acompañaron a bombeiros profesionais nos labores de extinción formando unha pequena unidade baixo a responsabilidade do xefe de brigada.[11] En ocasións, o equipo tivo que deixar de rodar para axudar a extinguir o lume. Todas as escenas dos incendios foron filmadas cunha cámara Super 16 e sen ningunha manipulación da imaxe, decidindo rodar moitas escenas durante a noite para salientar a "beleza" do incendio.[11]

Banda sonoraEdit

Laxe emprega o son e a música para amplificar a agonía da natureza, cunha combinación de música clásica que substitúe a banda sonora tradicional. Empréganse composicións de Antonio Vivaldi, como o "Cum dederit" de Nisi Dominus,[15] salmo 126, interpretada por Sara Mingardo, ou composicións de Georg Friedrich Händel.[16]

EstreaEdit

O que arde tivo a súa estrea mundial na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección oficial Un Certain Regard o 21 de maio de 2019,[17] onde gañou o premio do Xurado,[7] sendo a primeira vez que un filme en lingua galega é proxectado na sección oficial.[8] O filme estreouse nos cinemas de Francia en 54 salas de 21 cidades do país o 4 de setembro de 2019, baixo o título Viendra le Feu[18] e da man da distribuidora internacional Pyramide Films. Estreouse en versión orixinal en galego con subtítulos.[19]

En Galicia, tivo dúas preestreas. A primeira realizouse o 29 de setembro de 2019 na Praza da Vila de Navia, en Navia de Suarna.[20] A elección deste concello debeuse á orixe da familia do director, xa que a nai de Laxe é de Vilela,[14][Cómpre clarificar] da parroquia de Son, así como por ser lugar de rodaxe de parte do filme. A segunda preestrea fíxose o 1 de outubro de 2019 no Festival Curtocircuíto, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.[21]

Estreouse en 19 cinemas de toda Galicia o 11 de outubro de 2019 a través de NUMAX Distribución, nas sete cidades galegas e nas vilas de Carballo, Monforte de Lemos, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, A Rúa, Verín, As Pontes, A Estrada e Caldas de Reis,[22] así como no resto do estado noutras 30 salas en versión orixinal con substítulos en castelán e catalán.[23] É un dos filmes galegos con máis estreas en cinemas comerciais da historia.[22]

O 12 de outubro de 2019, O que arde estreouse no Festival de Cinema de Nova York dentro da sección oficial.[4] Laxe non puido asistir á presentación por mor da negativa dos Estados Unidos a concederlle a ESTA, a autorización electrónica para viaxar a este país,[24] por ter visitado Irán en 2016.

AcollidaEdit

Na primeira fin de semana logo da súa estrea en España, O que arde conseguiu máis de 11 000 espectadores en todo o estado,[25] e o 14 de outubro entrou no décimo posto dos dez filmes máis vistos ese día no estado.[26] Segundo a distribuidora do filme, NUMAX, foi a segunda mellor estrea dun filme independente da tempada. Na súa sexta semana nos cinemas, converteuse no filme en galego con maior recadación e o máis visto da historia, con máis de 82.662 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, e máis de 427.557,13 € recadados,[9] superando a Sempre Xonxa de Chano Piñeiro que mantiña o récord dende 1989.

Resposta da críticaEdit

O que arde recibiu a aclamación da crítica e na páxina web Rotten Tomatoes conta cun 92% de aprobación en base a 25 críticas.[27]

O crítico Thomas Baurez da revista francesa de cinema Première calificou o filme como "un filme incandescente e poderoso".[28] Nunha recensión para a revista de entretemento estadounidense The Hollywood Reporter, David Rooney chamouno "unha obra bela e melancólica, dunha sensibilidade penetrante".[29]

Galardóns e nomeamentosEdit

 
Benedicta Sánchez co Premio Goya á mellor actriz revelación.

O que arde estreouse en numerosos festivais e premios cinematográficos, salientando a súa participación no Festival de Cannes de 2019 na sección Un Certain Regard,[30] onde gañou o Premio do Xurado.[7] O filme competiu na 34ª edición do Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata, o máis prestixioso festival de cinema de América Latina, onde gañou o Astor de Ouro ó mellor filme.[31] Nos Premios Gaudí de 2020, o filme foi recoñecido como mellor filme europeo, ademais de conseguir o premio de mellor dirección de fotografía para Mauro Herce.[32]

Na 34ª edición dos Premios Goya, O que arde estivo nomeado a catro categorías, incluído mellor filme, mellor director, mellor fotografía e mellor actriz revelación. Finalmente, gañou os premios de mellor fotografía para Mauro Herce e mellor actriz revelación para Benedicta Sánchez.[33] Sánchez tamén foi recoñecida pola Xunta de Galicia no ano 2019 coa medalla Castelao pola súa aparición no filme.[34]

Na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo, foi nomeado en doce categorías, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz, mellor fotografía e mellor guión.[35]

Ano Cerimonia Categoría Galardoado Resultado
2019 Festival de Cannes de 2019 Premio do Xurado, sección "Un Certain Regard" Óliver Laxe Gañador[7]
Premio "Un Certain Regard" Óliver Laxe Nomeado[7]
Festival de San Sebastián de 2019 Film Commission Óliver Laxe Gañador
Ourense Film Festival Premio Galicia Óliver Laxe Gañador
Premio Especial do Xurado Óliver Laxe Gañador
Chicago Film Festival Mellor deseño de son David Machado Gañador[36]
Festival Internacional de Cinema de Tesalónica Mellor filme. Premio Alexandre de Ouro Óliver Laxe Gañador[37]
Mellor actor Amador Arias Gañador[37]
Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata Astor de Ouro ó mellor filme Óliver Laxe Gañador[38]
Mellor guión Óliver Laxe e Santiago Fillol Gañador[38]
Auteur Film Festival de Belgrado Mellor director Óliver Laxe Gañador[39]
Premio Vlada Petric Secuencia máis cinematográfica Gañador[39]
Festival Internacional de Cinema de Hainan Premio do Xurado, "Coco de Ouro" Óliver Laxe Gañador[40]
2020 XXXIV edición dos Premios Goya Mellor filme Óliver Laxe Nomeado[41]
Mellor director Óliver Laxe Nomeado[41]
Mellor actriz relevación Benedicta Sánchez Gañadora[41][42]
Mellor dirección de fotografía Mauro Herce Gañador[41][42]
Premios Gaudí de 2020 Mellor filme europeo Óliver Laxe Gañador[32]
Mellor dirección de fotografía Mauro Herce Gañador[32]
Premios RNE Sant Jordi de Cinematografía Mellor filme español Óliver Laxe Gañador[43]
Premios Feroz de 2020 Mellor drama Óliver Laxe Nomeado[44][45]
Mellor director Óliver Laxe Nomeado[44][45]
Mellor guión Óliver Laxe e Santiago Fillol Nomeado[44][45]
Mellor cartel Aitor Errazquin e Carlos Hidalgo Nomeado[44][45]
Mellor tráiler Marcos Flórez Nomeado[44][45]
Premios Forqué Mellor filme Óliver Laxe Nomeado[46]
18ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Óliver Laxe Nomeado
Mellor director Óliver Laxe Nomeado
Mellor actor Amador Arias Nomeado
Mellor actriz Benedicta Sánchez Nomeada
Mellor guión Óliver Laxe e Santiago Fillol Nomeados
Mellor dirección de produción Koldo Zuazúa, Guadalupe Balaguer e Analía G. Alonso Nomeados
Mellor dirección artística Samuel Lema e Curru Garabal Nomeados
Mellor montaxe Cristóbal Fernández Nomeado
Mellor son David Machado, Amanda Villavieja, Sergio Silva e Xavi Souto Nomeados
Mellor fotografía Mauro Herce Nomeado
Mellor maquixalle e peiteado Nadia Acimi Nomeada
Mellor vestiario Nadia Acimi Nomeada

NotasEdit

  1. Fotogramas (ed.). "‘O que arde’, una magistral sinfonía visual sobre el individuo" (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  2. Loureda, Carlos (9 de maio de 2019). Fotogramas, ed. "The Screenings Guide 2019". Consultado o 9 de maio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O que arde". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 S. Montes, Santiago (11 de outubro de 2019). Culturagalega.gal, ed. "Polo fume se sabe onde arde". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  5. Salgado, Daniel (21 de maio de 2019). Sermos Galiza, ed. "Oliver Laxe estrea en Cannes a súa homenaxe ao rural galego". Consultado o 21 de maio de 2019. 
  6. Sermos Galiza, ed. (18 de abril de 2019). "“O Que Arde”, de Óliver Laxe, competirá na selección oficial de Cannes". Consultado o 21 de abril de 2019. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Lodge, Guy (24 de maio de 2019). Variety, ed. "Brazil’s ‘Invisible Life of Eurídice Gusmão’ Wins Cannes Un Certain Regard Award". Consultado o 24 de maio de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Mato, Mar (19 de abril de 2019). Faro de Vigo, ed. "Cannes proxectará por primeira vez un filme en galego: "O que arde", de Óliver Laxe". Consultado o 22 de abril de 2019. 
  9. 9,0 9,1 elblogdecineespanol.com (ed.). "“O que arde”, de Óliver Laxe, es la película rodada en gallego más taquillera y más vista de la historia". Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  10. praza.gal, ed. (18 de novembro de 2019). "'O que arde' convértese no filme en galego máis visto en salas, superando a 'Sempre Xonxa'". Consultado o 20 de novembro de 2019. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Strauss, Frédéric (4 de setembro de 2019). "Oliver Laxe (“Viendra le feu”) : “Le cinéma est capable de faire comprendre la douleur des incendies”". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  12. Culturagalega.gal, ed. (3 de xaneiro de 2019). "O 2018 desde o mirador (II).Iolanda Casal, Paula Cabaleiro e Marta Pérez Pereiro repasan a ciencia, a arte e o audiovisual do ano que remata". Consultado o 3 de outubro de 2019. 
  13. IMDb (ed.). "O que arde en IMDb". Consultado o 19de outubro de 2019. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Salvà, Nando (21 de maio de 2019). "Oliver Laxe: "Hacer una película tiene que doler"". El Periódico. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  15. Fernández, Igor (10 de outubro de 2019). revistamutaciones.com, ed. "O que arde. Una naturaleza que protege y demanda ser protegida" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  16. ecartelera.com, ed. (11 de outubro de 2019). "'Lo que arde': Un canto ardiente al cine más esencial". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  17. "The Screenings Guide 2019". 9 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019. 
  18. IMDb (ed.). "Release Dates O que arde". Consultado o 5 de setembro de 2019. 
  19. Praza.gal, ed. (4 de setembro de 2019). "'O que arde' estréase en Francia en galego e no dobre de salas que en España". Consultado o 5 de setembro de 2019. 
  20. "«O que arde» estréase o domingo en Navia de Suarna". La Voz de Galiacia. 28 de setembro de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  21. curtocircuito.org, ed. (22 de agosto de 2019). "Curtocircuíto acollerá a preestrea de 'O que arde' de Oliver Laxe". Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  22. 22,0 22,1 "'O que arde' estréase en 19 salas galegas". Sermos Galiza. 10 de outubro de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  23. llengua.gencat.cat (ed.). "'‘Dia de pluja a Nova York' i 'O que arde' s'estrenen en català aquest divendres". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  24. "EUA denegou a Oliver Laxe autorización para estar en Nova York na presentación de 'O que arde'". Sermos Galiza. 5 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  25. "11.000 espectadoras no Estado na primeira fin de semana de 'O que arde'". Sermos Galiza. 14 de outubro de 2019. Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  26. @cSMoviesSpain (14 de outubro de 2019). "TOP 10 - 14 Octubre" (Tweet) – vía Twitter. 
  27. "Fire Will Come (2019)" (en inglés). Rotten Tomatoes. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  28. Baurez, Thomas (21 de maio de 2019). Première, ed. "Cannes 2019 : Viendra le feu, un film espagnol incandescent [critique]" (en francés). Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  29. The Hollywood Reporter, ed. (22 de maio de 2019). "'Fire Will Come' ('O que arde'): Film Review. Cannes 2019" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  30. The Guardian (ed.). "Cannes festival 2019: full list of films". Consultado o 18 de abril de 2019. 
  31. The Hollywood Reporter (ed.). "Spain's 'Fire Will Come' Wins Mar del Plata Film Festival". Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  32. 32,0 32,1 32,2 Nós Diario, ed. (20 de xaneiro de 2020). "O cinema catalán premia ‘O que Arde’ como mellor filme europeo". Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  33. "Benedicta Sánchez e Mauro Herce, Premios Goya por ‘O que arde’, de Oliver Laxe". Nós Diario. 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  34. "A corguesa Benedicta Sánchez, distinguida coa Medalla Castelao". El Progreso. 6 de xuño de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  35. "'Hierro', 'Quen a ferro mata' e 'O que arde' lideran as candidaturas aos Mestre Mateo". Praza.gal. 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  36. "'O que arde', Premio ao Mellor Deseño de Son no Chicago Film Festival". Sermos Galiza. 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019. 
  37. 37,0 37,1 filmfestival.gr, ed. (10 de novembro de 2019). "60th TIFF: The Awards". Consultado o 11 de novembro de 2019. 
  38. 38,0 38,1 mardelplatafilmfest.com (ed.). "Golden Astor for Best Feature Film - «O que arde» by Oliver Laxe". Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  39. 39,0 39,1 "25. Festival Autorskog Filma" (PDF). faf.rs (en serbia). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  40. "'O que arde', premiado de novo, esta vez na China". Sermos Galiza. 8 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 "Nomeamentos ós Goya". www.premiosgoya.com. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  42. 42,0 42,1 "Benedicta Sánchez e Mauro Herce, Premios Goya por ‘O que arde’, de Oliver Laxe". Nós Diario. 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  43. La Vanguardia, ed. (21 de xaneiro de 2020). "‘Lo que arde’, mejor película española en los Premios Sant Jordi de Cine" (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 "Nomeados dos Premios Feroz de 2020". informadoresdecine.es (en castelán). 29 de novembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 Fotogramas, ed. (29 de novembro de 2019). "Así quedan las nominaciones a los Premios Feroz. 'Dolor y gloria' y 'Vida Perfecta', la película y la serie más nominadas" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  46. "Finalistas dos Premios Forqué 2020" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2019. 

Véxase taménEdit

Outros artigosEdit

BibliografíaEdit

Ligazóns externasEdit