Óliver Laxe

actor, director e guionista de cinema galego

Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982,[1] é un actor, director e guionista de cinema galego. En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns,[2] en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas[3] e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde.

Infotaula de personaÓliver Laxe

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , actor de cinema , guionista , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3890574 Allocine: 438794 Editar o valor em Wikidata

Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.[4]

Traxectoria editar

Fillo de pais galegos, Óliver Laxe naceu en París en 1982.[5] Cando tiña seis anos regresou con eles a Galicia, en 1988.[6] Tras estudar na Coruña, onde cursou o bacharelato no IES Monelos, marchou a Barcelona, onde se graduaría en Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra.

A súa filmografía comeza en Londres, onde xunto a Enrique Aguilar rodou a curtametraxe E as chemineas decidiron escapar (2006). Logo trasladouse a Tánxer, onde rodou as curtametraxes Suena una trompeta, ahora veo otra cara (2007) e París #1, coas que obtivo varios premios en certames cinematográficos.

Alí creou o proxecto Dao Byed, un taller cinematográfico para os nenos pobres do Magreb. Desta experiencia, inspirada noutra similar de Lev Tolstoi con nenos labregos rusos, saíu a súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns (2009) coa que gañou o premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Cannes 2010[5] e o Premio de Honra Chano Piñeiro á mellor dirección revelación nos Premios Mestre Mateo 2010.

Rodou a longametraxe Mimosas. Estreouse no ano 2016 tamén no Festival de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio da Semana da Crítica.[4] Este filme tamén lle valeu o Mestre Mateo á mellor dirección.[5]

Aparece como actor no seu filme Todos vós sodes capitáns, así como en Moussem les morts (Vincent Le Port e Jean-Baptiste Alazard, 2010).

En 2019, presentou no Festival de Cannes O que arde na sección "Un Certain Regard", sendo a primeira vez que se presenta unha película en galego nunha sección oficial.[4][7] Gañou o Premio do Xurado. Neste caso, coma nos anteriores, Televisión Española rexeitou participar na película[8]; en cambio si contou co apoio da TVG, de Agadic e da Deputación de Lugo.[7]

Filmografía editar

Como director editar

Como actor editar

Galardóns e nomeamentos editar

Festival de Cannes editar

Ano Categoría Filme Resultado
2010 Premio Fipresci Todos vós sodes capitáns Gañador
2016 Gran Premio da Semana da Crítica Mimosas Gañador
2019 Premio do Xurado, sección "Un Certain Regard" O que arde Gañador

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor obra experimental París # 1 Nomeado
2010 Premio de Honra Chano Piñeiro - Gañador
2016 Mellor director Mimosas Gañador
Mellor guión Mimosas Nomeado
2019 Mellor director O que arde Gañador
Mellor guión O que arde Nomeado

Premios Goya editar

Ano Categoría Filme Resultado
2019 Mellor dirección O que arde Nomeado

Notas editar

  1. "Oliver Laxe". filmin.es (en castelán). Consultado o 29-5-2019. 
  2. Fipresci.org (ed.). "Fipresci Awards 2010". Consultado o 29 de maio de 2016. 
  3. Castro, R (29 de maio de 2016). ""Sós ante o imperio non se pode facer nada”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mato, Mar (19-4-2019). "Cannes proxectará por primeira vez un filme en galego: "O que arde", de Óliver Laxe". farodevigo.es. Consultado o 29-5-2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Óliver Laxe: “A cultura emancipa ao ser humano”". Balea Cultural. 29 de maio de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  6. "Oliver Laxe y el cine español valiente". aprendercine.com (en castelán). Consultado o 23-11-2020. 
  7. 7,0 7,1 "Oliver Laxe volve de Cannes con premio para o primeiro filme en galego da historia do festival". praza.gal. 25-4-2019. Consultado o 29-5-2019. 
  8. "El cineasta coruñés Oliver Laxe carga contra TVE por 'pasar' de sus películas". galicia.economiadigital.es (en castelán). 14-4-2017. Arquivado dende o orixinal o 29-05-2019. Consultado o 29-5-2019. 
  9. C, R (19 de xaneiro de 2017). "Oliver Laxe prepara un novo filme sobre un pirómano e busca actores non profesionais". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.  Arquivado 20 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar