Curtocircuíto (festival)

Curtocircuíto é un festival internacional de cine, centrado nas curtametraxes que se organiza en Santiago de Compostela dende o ano 2004[1]. Dende o ano 2013 o seu director é Pela del Álamo[2] sustituindo ó británico Tim Redford.

Pela del Álamo presentando o Curtocircuíto de 2016.

Forma parte xunto con Cineuropa e Amal do grupo de festivais de cine que se celebran na capital galega.

O FestivalEditar

Realízase entre finais de setembro en comezos de outubro, aínda que con anterioridade ocupou outras datas. Desde o 2016 ten catro categorías competitivas:

  • Radar: Unha das dúas sección oficiais onde se dan cita a propostas cine de autor internacionais.
  • Explora: A outra sección oficial céntrase nas propostas mais transgresoras e experimentais.
  • Planeta GZ: Na que se reúnen pezas producidas ao longo dese ano en Galicia e polo que teñen pasado directores galegos como Xacio Baño, Jaione Camborda, Santos Díaz, Álvaro Gago ou Lois Patiño.
  • Penínsulas: Centrado na produción de curtametraxes no conxunto do estado.

Son habituais dentro do festival obradoiros de creación e outras seccións como retrospectivas e proxeccións de autores nacionais ou internacionais como Oliver Laxe, Jessica Sarah Rinland ou Aki Kaurismaki[3].

Durante os días do festival organízanse concertos en varias salas da cidade.

PalmarésEditar

2019Editar

Premio Radar: The Sasha, de María Molina.[4]

Premio Explora: ALTIPLANO, de Malena Szlam.

Premio Planeta GZ: En la Boca da Mina, de Brandán Cerviño.

Premio Penínsulas: Urpean Lurra, de Maddi Barber.

2018Editar

Premio Radar: Solar Walk, Réka Bucsi.[5]

Premio Explora: Monelle, Diego Marcon.

Premio Planeta GZ: Uluru, de Alberte Pagán.

Premio Penínsulas: Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho.

2017Editar

Premio Radar: Find, Fix, Finish de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat.[6]

Premio Explora: Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland.

Premio Planeta GZ: Aysha de Fon Cortizo.

Premio Penínsulas: Contact de Alessandro Novelli.

2016Editar

Premio Radar: Boy who cried de Mark Rappaport.[7]

Premio Explora: B-roll with Andre de James N. Kunitz.

Premio Planeta GZ: Rueda cabeza de Borja Santomé.

Premio Penínsulas: La disco resplandece de Chema García Ibarra.

2015Editar

Premio Radar: Blood Below the Skin de Jennifer Reeder.[8]

Premio Explora: Sound of a Million Insects, Light of a Thousand Stars de Tomomari Nishikawa

Premio Planeta GZ: Sin Dios ni Santa María de Helena Girón e Samuel M. Delgado.

2014Editar

Premio Radar: Traversées, de Antoine Danis.[9]

Premio Explora: Substanz, de Sebastian Mez.

Premio Planeta GZ: Ser e voltar, de Xacio Baño.

NotasEditar

  1. "Curtocircuíto 2015 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  2. "Curtocircuíto estrena director y nuevo calendario". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-11-21. Consultado o 2020-04-26. 
  3. "O CINEASTA AKI KAURISMÄKI VISITARÁ CURTOCIRCUÍTO – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 2020-04-26. 
  4. "Palmarés Curtocircuíto 2019". curtocircuito.org (en castelán). Consultado o 2020-04-26. 
  5. "Palmarés Curtocircuíto 2018". curtocircuito.org. Consultado o 2020-04-26. 
  6. "Palmarés 2017". curtocircuito.org. Consultado o 2020-04-26. 
  7. "PALMARÉS CURTOCIRCUÍTO 2016 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  8. "PALMARÉS 2015 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  9. "Curtocircuíto 2014". Magnolia (en inglés). 2014-10-17. Consultado o 2020-04-26. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.