Jaione Camborda
Jaione Camborda Coll, nada en Donostia (Guipúscoa) o 1 de marzo de 1983, é unha guionista e directora de cine vasca.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1983 (41 anos) Donostia, España |
Educación | Film and TV School of the Academy of Performing Arts in Prague (en) University of Television and Film Munich (en) |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, guionista |
Participou en | |
Tabakalera | |
Premios | |
Páxina web | jaionecamborda.com |
|
Traxectoria
editarEstudou Comunicación Audiovisual en Madrid e, despois, formouse nas escolas de cine en Praga e Múnic.[3]
Dende 2010 vive e traballa en Santiago de Compostela e en 2011 creou a produtora Esnatu Zinema.[3] Estivo asociada co Novo Cinema Galego,[1][4] traballando como directora de arte ou como produtora en O ouro do tempo (estreada en Karlovy Vary, República Checa) e Verengo (estrea no Festival internacional de cinema independente de Buenos Aires, BAFICI).
Tamén traballou como directora de arte en Las altas presiones que gañou, en 2015, o Premio Las Nuevas Olas no Festival de Cine de Sevilla. En 2019 realizou a súa primeira longametraxe, Arima, que foi presentada de novo no Festival de Cine de Sevilla, ademais de recibir o premio.[5] En 2023 acadou a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia co filme O corno.
En 2024 nos Mestre Mateo acadou os premios de mellor dirección e mellor guión, por O corno[6] e tamén o Premio da Crítica de Galicia no mesmo ano.[7]
Obras
editarData | Título | Formato | Participación | Premios |
---|---|---|---|---|
2023 | O corno | Longametraxe | Directora | Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cine de Donostia.[8] |
2019 | Arima[9] | Longametraxe de ficción | Directora
Guionista Produtora |
Premio á mellor dirección en Nuevas Olas no Festival de Sevilla[10]
Premio á mellor película no IX Festival Márgenes de Madrid.[11] |
2015 | Proba de axilidade | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Nimbos | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Lilit | Curtametraxe | Directora | |
2017 | Ons | Longametraxe de ficción | Guionista | |
2014 | Os fenómenos | Longametraxe de ficción | Guionista | Mellor guión no Festival de Cine de Fortaleza
Mestre guión na XIIIª edición Premios Mestre Mateo (xunto con Alfonso Zarauza) |
2017 | Rapa das bestas[12] | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Verengo | Longametraxe documental | Produtora | |
2017 | Tempo vertical | Longametraxe | Directora de arte | |
2014 | Las altas presiones | Longametraxe de ficción | Directora de arte | Nuevas Olas Cine Europeo de Sevilla[13]
Festival Internacional de Cine de Busán: Sección: Flash Forward. |
2015 | O ouro do tempo | Longametraxe | Directora de arte | |
2014 | Encallados | Longametraxe | Directora de arte |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Jaione Camborda y la mujer de las mil caras en ‘Arima’". cineconene.es (en castelán). 7 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Jaione Camborda". Decine21 (en castelán). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (4 de marzo de 2020). "La realizadora Jaione Camborda visita el Grupo de Diálogo sobre Cine del Musac". leonoticias.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (14 de novembro de 2019). "Jaione Camborda, del Novo Cinema Galego: "En nuestra generación aún hay un apego a la aldea, pero se está desvaneciendo". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Jaione Camborda habla de 'Arima' con imágenes". Festiva de Sevilla (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2020. Consultado o 2021-01-21.
- ↑ Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ Diario, Nós (2024-10-19). "Estas son todas as gañadoras e gañadores dos Premios da Crítica da Galiza 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-10-19.
- ↑ "'O Corno' estréase en Galicia tras facer historia en Donostia e chega aos cines como un éxito que se sente colectivo". Praza Pública. 2023-10-03. Consultado o 2023-10-06.
- ↑ "Jaione Camborda estrena "Arima"". EITB Radio Televisión Pública Vasca (en castelán). 2020-02-07. Consultado o 2021-01-21.
- ↑ SL, TAI GABE DIGITALA (2019-11-21). "Jaione Camborda: «‘Arima’ es una historia de mujeres atrapadas en una dimensión perturbadora»". naiz: (en castelán). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ ""Arima", de Jaione Camborda, gana un premio en el festival Márgenes". Faro de Vigo (en castelán). 2019-12-02. Consultado o 2021-01-21.
- ↑ "RAPA DAS BESTAS. Un cortometraje de Jaione Camborda" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-01-21.
- ↑ "Palmarés 2014". festivalcinesevilla.eu/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista a Jaione Camborda no Zumzeig Cinema
- Ficha en FilmAffinity