The Hollywood Reporter
The Hollywood Reporter é unha revista de entretemento estadounidense. O seu enfoque é principalmente cara ó panorama cinematográfico estadounidense. Foi o primeiro xornal en publicar contidos exclusivamente sobre a industria cinematográfica. Durante o século pasado integrouse e foi unha das dúas publicacións máis importantes do século, xunto con Variety. Dende o ano 1950 enfocouse no eido da televisión, e nos anos 1980 enfocouse en temas doutros medios. No presente, esta revista é unha das máis importantes e influentes na industria do entretemento.
The Hollywood Reporter | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lugar | Os Ánxeles |
Lingua | lingua inglesa |
Fundación | 1930 |
Editorial | Penske Media Corporation |
Circulación | |
ISSN | 0018-3660 |
Na rede | |
https://www.hollywoodreporter.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarComezos
editarO primeiro número da revista publicouse o 3 de setembro de 1930, por William R. Wilkerson. Os primeiros temas informados foron sobre filmes, estudos, producións de televisión e actores de Hollywood. A revista rapidamente fíxose coñecida no mundo do espectáculo. Por efecto da fama da revista, Wilkerson, creador da revista, fíxose un dos personaxes máis salientables do país.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)