Festival Internacional de Cinema de Tesalónica

festival anual de cinema celebrado en Tesalónica, Grecia

O Festival Internacional de Cinema de Tesalónica (en grego: Διεθνές Φεστιβάλ Κινηματογράφου Θεσσαλονίκης) é un festival de cinema que se celebra anualmente na cidade grega de Tesalónica. O festival é unha competición internacional con numerosos premios cada ano, sendo o máis destacado o "Alexandre de Ouro" para o mellor filme.

Festival Internacional de Cinema de Tesalónica
Tipofestival de cinema
Data de fundación1960
SedeTesalónica
PaísGrecia
Na rede
http://www.filmfestival.gr/
IMDB: ev0000653 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Teatro "Olympion", onde se celebra o festival.

Festival de Cinema Grego (1960-1991) editar

O primeiro período do Festival de Cinema de Tesalónica comeza en 1960 e remata en 1991. Durante este período o festival amosou exclusivamente filmes gregos. As primeiras edicións do festival celebráronse baixo a modesta "Semana do Cinema Grego". Dende 1965 até 1991 o festival foi nomeado "Festival de Cinema Grego".[1][2] Durante eses anos, o festival pasou a través de diferentes fases. Os primeiros anos, o festival foi un importante evento social coa aparición de celebridades locais. Durante a xunta militar grega (1967-1974) produciuse unha época de censura. Durante a Metapolitefsi a nova xeración de directores gregos dominaron os galardóns, mais ó mesmo tempo o festival fíxose cada vez máis politizado con dous grupos opostos. A tensión entre os dous grupos acadou o seu pico en 1977, cando o festival quedou dividido en dous. A división durou só un ano. Durante a década de 1980, a importancia do festival declinou até 1992, cando evolunionou nun importante festival internacional de cinema.[3][4]

Gañadores do Alexandre de Ouro editar

 
Conferencia con John Malkovich e Georges Corraface.
Ano Filme Director Orixe
1992 Orlando Sally Potter   Reino Unido
Dance in the Night Aleko Tsabadze   Xeorxia
1993 Ap' to chioni Sotiris Goritsas   Grecia
1994 Dōng chūn de rìzǐ Wang Xiaoshuai   China
1995 Yóuchāi He Jianjun   China
1996 Brothers in Trouble Udayan Prasad   Reino Unido
1997 Road to Nhill Sue Brooks   Australia
1998 Fishes in August Yōichirō Takahashi   Xapón
1999 Xǐ zǎo Zhang Yang   China
2000 Last Resort Paweł Pawlikowski   Reino Unido
2001 Tirana viti 0 Fatmir Koçi   Albania
2002 Woman of Water Hidenori Sugimori   Xapón
S̄ud s̄aǹeh̄ā Apichatpong Weerasethakul   Tailandia
2003 The Last Train Aleksei German   Rusia
2004 Bitter Dream Mohsen Amiryousefi   Irán
2005 Een ander zijn geluk Fien Troch   Bélxica
2006 Gajokeui tansaeng Kim Tae-yong   Corea do Sur
2007 Hóngsè kāngbàiyīn Cai Shangjun   China
2008 Over There Abdolreza Kahani   Irán
2009 Ajami Scandar Copti e Yaron Shani   Israel /   Alemaña
2010 Periferic Bogdan George Apetri   Romanía
2011 Twilight Portrait Angelina Nikonova   Rusia
2012 Kapringen Tobias Lindholm   Dinamarca
2013 La jaula de oro Diego Quemada-Díez   México
2014 La Tirisia Jorge Perez Solano   México
2015 Hrútar Grímur Hákonarson   Islandia
2016 Deadly Wheelchairs Attila Till   Hungría
2017 Korparna Jens Assur   Suecia
2018 Ray & Liz Richard Billingham   Reino Unido
2019 O que arde[5] Óliver Laxe   Galicia

Notas editar

  1. archive.in.gr (ed.). "Thessaloniki Film festival". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  2. filmfestival.gr (ed.). "Profile". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  3. enet.gr (ed.). "Στοπ καρέ στα 50 χρόνια". Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  4. exostispress.gr (ed.). "Remember the Festival of November". Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  5. filmfestival.gr, ed. (10 de novembro de 2019). "60th TIFF: The Awards". Consultado o 11 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar