Hrútar

filme de 2015 dirixido por Grímur Hákonarson

Hrútar é un filme islandés de 2015 escrito e dirixido por Grímur Hákonarson. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015[6][7] onde gañou o Prix Un Certain Regard.[8] Estreouse na sección Cinema Contemporáneo do Mundo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.[9] Foi escollido como candidato islandés ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais non foi nomeado.[10][11] En 2016, o xornal dixital Kjarninn considerouno como o segundo mellor filme islandés de tódolos tempos.[12]

Hrútar
Ficha técnica
Título orixinalHrútar
DirectorGrímur Hákonarson
ProdutorGrímar Jónsson
GuiónGrímur Hákonarson
Intérpretes
MúsicaAtli Örvarsson
FotografíaSturla Brandth Grøvlen
MontaxeKristján Loðmfjörð
Estudio
  • Aeroplan Films
  • Film Farms
  • Netop Films
  • Profile Pictures
EstreaFestival de Cannes: 15 de maio de 2015
Islandia 28 de maio de 2015
Duración92 minutos[1]
OrixeIslandia Islandia
Dinamarca Dinamarca[2][3]
(en asociación con Noruega Noruega e Polonia Polonia[4]
XéneroComedia
Orzamento1,75 millóns de euros
Recadación1,90 millóns de dólares[5]
Na rede
IMDB: tt3296658 Filmaffinity: 386683 Allocine: 237181 Rottentomatoes: m/rams Mojo: rams Allmovie: v631797 Metacritic: movie/rams Netlix: 80059435Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Dous irmáns gandeiros de ovellas hai corenta anos que non falan entre eles debido ás diferenzas nas súas personalidades, complicado polo mal humor e o alcoholismo dun deles (Kiddi) e o resentimento e os celos de Gummi polo carneiro premiado de Kiddi. Viven en casas adxacentes na granxa familiar, propiedade legal do irmán sobrio. Ambos son solteiros e apegados aos seus rabaños. Un carneiro premiado pertencente a Kiddi ten o mal das ovellas tolas e despois de que Gummi informase dos seus síntomas, que logo se atopan noutras dúas granxas, cómpre sacrificar todas as ovellas do val. Os labregos deben queimar o feno e desinfectar os pendellos.

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (10 de decembro de 2015). "RAMS (15)". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  2. "Rams (Hrútar)". Cineuropa. Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  3. New Europe Film Sales (ed.). "Rams (press kit)" (PDF). Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  4. Wendy Mitchell (26 de novembro de 2015). Screen Daily, ed. "'Rams' director Grimur Hákonarson plots next film". Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  5. The Numbers (ed.). "Hrutar (2015)". Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  6. Cannes (ed.). "2015 Official Selection". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 16 de abril de 2015. 
  7. Festival de Cannes, ed. (6 de maio de 2015). "Screenings Guide". Consultado o 8 de maio de 2015. 
  8. Rebeccas Ford (23 de maio de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Cannes: 'Rams' Wins Un Certain Regard Prize". Consultado o 23 de maio de 2015. 
  9. Variety (ed.). "Sandra Bullock’s ‘Our Brand Is Crisis,’ Robert Redford’s ‘Truth’ to Premiere at Toronto". Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  10. Variety, ed. (8 de setembro de 2015). "Iceland Sends ‘Rams’ to Vie For Foreign Language Oscar Nom". Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  11. Hollywood Reporter, ed. (8 de setembro de 2015). "Oscars: Iceland Selects 'Rams' For Foreign-Language Category". Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  12. "Tíu bestu íslensku kvikmyndirnar". 17 de xuño de 2016. Consultado o 21 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar