NUMAX

empresa cultural cooperativa galega

NUMAX é unha cooperativa galega de traballo asociado sen ánimo de lucro situada en Santiago de Compostela. Posúe unha sala de cinema, unha libraría (física e online) e un laboratorio de deseño gráfico[1] e de vídeo. Actuou tamén como distribuidora de cinema entre 2015 e 2018.[2].

NUMAX
Numax na rua concepcion arenal marzo 2018.jpg
Entrada á sala pola rúa Concepción Arenal de Compostela.
TipoCooperativa
Fundación2015
ProdutosCinema
Libraría
Distribuidora
Laboratorio de deseño
Na rede
https://numax.org
Facebook: numaxcoop Twitter: numaxcoop Instagram: numaxcoop Vimeo: numax Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

CaracterísticasEditar

 
Socios de NUMAX en 2015.

Abriu as súas portas en marzo de 2015 na rúa Concepción Arenal de Santiago de Compostela, onde se atopan arestora o cinema e a libraría. A programación cinematográfica combina a estrea de filmes independentes e de autor, coa reposición de cinema clásico e de repertorio. Dedica unha parte da súa programación ao público mozo a través dos programas estables Petís NUMAX e NUMAX na Escola. As proxeccións de NUMAX son sempre en versión orixinal subtitulada e, desde 2016, forma parte da rede de salas independentes Europa Cinemas. A libraría traballa desde o ano 2020 baixo o selo Librarías de Calidade que outorga Acción Cultural Española e a Asociación de Cámaras do Libro de España. É habitual, tanto na sala de cinema como na libraría, a visita de autores e autoras para presentar ante o público as súas creacións.

O nome da cooperativa ten orixe no filme Numax presenta... (1980), de Joaquim Jordà, que recollía o conflito laboral nunha empresa de electrodomésticos chamada Númax, que rematou coa autoxestión da factoría por parte do cadro de persoal.

Alén dos ingresos percibidos pola venda directa e a prestación de servizos, NUMAX conta con diferentes modalidades de abonos (xeral, colabora, protexe) de maneira que as persoas abonadas obteñen descontos e outras vantaxes en troques dunha cota anual coa que apoian a estrutura da cooperativa.

Os socios membros da cooperativa son Adrián Pardellas, Antonio Doñate, Avelino González, Marcos Flórez, Mariña de Toro, Olalla Cociña, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas e Xosé Carlos Hidalgo. Margarita Ledo é socia colaboradora da cooperativa. Irma Amado e Ramiro Ledo foron socias da cooperativa desde a súa fundación, en 2014, até inicios de 2021.

NUMAX ten recibido diferentes premios e recoñecementos ao seu traballo, entre eles o Premio José Sellier no marco dos Premios Mestre Mateo 2015, o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual[3] en 2016 e o Premio da Deputación da Coruña á mellor iniciativa empresarial xeradora de emprego en 2019.

NotasEditar

  1. Presentación na páxina web da cooperativa.
  2. "NUMAX Distribución". distribucion.numax.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-21. 
  3. Premios da Cultura Galega 2016.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar