Europa Cinemas é unha rede de distribución de cinema europea creada en 1992.

Historia editar

A orixe da iniciativa está nun grupo de trinta empresas exhibidoras, e actualmente depende da Comisión Europea, especialmente do organismo Creative Europe e do programa MEDIA, así como do Centre national du cinéma et de l'image animée (CNC) do goberno francés. Está centrado na exhibición de filmes europeos e a súa rede abrangue máis de 1.100 salas (aproximadamente 3000 pantallas) en 43 países e 680 cidades distintas, que teñen que cumprir uns requisitos anuais específicos. A única sala galega adherida a este programa é a NUMAX de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é promocionar e dar visibilidade ao cinema europeo, estando as redes de exhibición existentes en mans de distribuidoras maioritariamente norteamericanas[1].

A súa acción esténdese alén da Unión Europea, chegando aos Balcáns, Rusia e Turquía. Tamén realiza colaboracións con outras redes de distribución como a canadense Eurimages. Actualmente chega aos 78 millóns de espectadores anuais.

Notas editar

  1. "Presentation". Europa Cinema (en inglés). Consultado o 2018-03-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar