Ramiro Ledo

xornalista e cineasta galego

Ramiro Ledo Cordeiro, nado en Lugo o 5 de xuño de 1981, é un xornalista e director de cine galego. Despois de residir en Barcelona, na actualidade faino en Compostela.

Ramiro Ledo
Nacemento5 de xuño de 1981
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e cineasta
Na rede
IMDB: nm2034504 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou xornalismo na USC. En 2001 foi un dos fundadores do Cineclube de Santiago de Compostela. Dirixiu os tres primeiros números do boletín de cinema en galego Ariel. Forma parte do consello de redacción da revista virtual de cinema Blogs & Docs. É un dos fundadores do proxecto NUMAX.

Obra editar

Aparece como actor na curtametraxe Berberecho (Xosé Manuel Bazarra "Sepi", 2001), e realizou a montaxe de Entre linguas (2009) e A cicatriz blanca (Margarita Ledo, 2012). O seu artigo "Facer filmes contra o seu tempo", aparece no libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural (Cineclube Compostela, 2010).

Premios editar

Premio Europa Cinemas Awards como empresario do ano 2020.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar