O proceso de Artaud

O proceso de Artaud é unha curtametraxe de Ramiro Ledo, estreada en 2010. Participou en diferentes ciclos e festivais, como o Amalgama (Barcelona), ZINEBI, Cineuropa, Culturgal ou Antofadocs.

O proceso de Artaud
Ficha técnica
DirectorRamiro Ledo
MúsicaUrro
MontaxeRamiro Ledo
Estrea24 de xuño de 2010
Duración12 minutos
OrixeGalicia Galicia

Características

editar

Trátase dunha ficción sobre a expulsión de Antonin Artaud da Internacional Surrealista na reunión do 23 de novembro de 1926. O texto está baseado no documento Adhérer au parti communiste? Septembre - décembre 1926, anotado por Margueritte Bonnet como parte dos Archives du Surréalisme publiées sous l'égide d'Actual. Inclúe imaxes do filme mudo La Passion de Jeanne d'Arc (Carl Theodor Dreyer, 1928), no que participara o propio Artaud como actor.

O papel de Xoana de Arco, interpretado no filme de Dreyer por Maria Falconetti, pasa a ser o de Artaud, acusado de contrarrevolucionario. Na asemblea trátanse cuestións como a realidade da revolución comunista como toma de poder do proletariado ou o pensamento individual. No proceso participaron, amais do propio Artaud, André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Pierre Unik, Paul Guitard, Benjamin Péret, Jean Bernier e Marcel Fourrier.

A peza está adicada a Peter Weiss, e inclúe música do grupo pontevedrés Urro.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar