Abrir o menú principal

Carl Theodor Dreyer

director de cinema danés

Carl Theodor Dreyer, nado en Copenhaguen o 3 de febreiro de 1889 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1968, foi un director de cine dinamarqués.

Carl Theodor Dreyer
Carl Theodor Dreyer (1965) by Erling Mandelmann.jpg
Nacemento3 de febreiro de 1889
 Copenhague
Falecemento20 de marzo de 1968
 Copenhague
Causapneumonía
NacionalidadeDinamarca
Ocupacióndirector de cine, guionista e montador
PremiosLeón de Ouro
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu en Copenhaguen, fillo de nai solteira e logo foi dado en adopción, pasando os seus primeiros anos en orfanatos, ata ser adoptado polo tipógrafo Carl Theodor Dreyer, que lle deu o seu nome. Dreyer consideraba a súa infancia desgraciada.

A pesar de ser un estudante intelixente abandonou os estudos aos dezaseis anos, separándose da súa familia adoptiva.

De mozo traballou como xornalista, ata que entrou na industria do cinema como redactor de intertítulos en películas mudas.

Tras debutar como director con Præsidenten (1919) dirixiu películas en diversos países europeos ata a realización en Francia de La Passion de Jeanne d'Arc. Tras esta película e Vampyr, ambos os dous fracasos económicos, non volvería pórse tralas cámaras ata 1943, acadando recoñecementos coma o León de Ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia con A palabra.

Morreu en Copenhaguen en 1968.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar