La Passion de Jeanne d'Arc

La passion de Jeanne d’Arc é un filme mudo dirixido por Carl Theodor Dreyer en 1928.

La passion de Jeanne d’Arc
Póster do filme.
Ficha técnica
DirectorCarl Theodor Dreyer
GuiónJoseph Delteil
Carl Theodor Dreyer
IntérpretesMaria Falconetti
Eugene Silvain
André Berley
FotografíaRudolph Maté
MontaxeMarguerite Beaugué
Carl Theodor Dreyer
EstudioSocieté generale de films
Estrea21 de abril de 1928
Duración82 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama histórico
Na rede
IMDB: tt0019254 Filmaffinity: 780465 Allocine: 264 Rottentomatoes: m/passion_of_joan_of_arc Mojo: passionofjoanofarc Allmovie: v37372 TCM: 328534 TV.com: movies/the-passion-of-joan-of-arc Netlix: 21873230Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A heroína francesa Xoana de Arco é levada ao tribunal. Os xuíces tratan de que diga algo que negue a súa afirmación de ser unha enviada de Deus para loitar contra os ingleses, mais ela mantense firme. Ensínanlles cartas falsas, pero aínda así non o conseguen. Cando xa está na cacharela pide un sacerdote, pero ao final tamén o acaba rexeitando.

Personaxes editar

  • Maria Falconetti como Xoana de Arco
  • Eugène Silvain como o bispo Pierre Cauchon
  • André Berley como Jean d'Estivet
  • Maurice Schutz como Nicolas Loyseleur
  • Antonin Artaud como Jean Massieu
  • Michel Simon como Jean Lemaître
  • Jean d'Yd como Guillaume Evrard
  • Ravet como Jean Beaupère
  • André Lurville como xuíz
  • Jacques Arnna como xuíz
  • Alexandre Mihalesco como xuíz
  • Léon Larive como xuíz

Produción editar

O filme foi dirixido por Dreyer tralo éxito en Dinamarca de Du skal ære din hustru. A realización do filme durou un ano e medio, que resultou unha tortura para os participantes, especialmente para a protagonista, Maria Falconetti.

Gran parte do orzamento foi dedicado á recreación dos decorados, a pesar de que a utilización de primeiros planos fai que non se vexan en moitos momentos.

O filme sufriu diversos problemas de montaxe, comezando pola censura obrigada polo arcebispo de París, así como pola perda do negativo orixinal no incendio dos estudios UFA de Berlín.

A principios dos anos oitenta apareceu unha copia nun sanatorio mental de Oslo.[1]

Notas editar

  1. Manel Carrasco (8 de marzo de 2013). El blog de filmin, ed. "15 claves que quizás no conozcas sobre "La Pasión de Juana de Arco"". Consultado o 1 de decembro de 2013.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar