Galicia es una mierda
Galicia es una mierda é o segundo disco do grupo Ataque Escampe, publicado no 2008. Ademais de estar dispoñible en formato CD, pódese descargar en mp3 de balde na páxina do selo. O título foi decidido nunha votación aberta no seu blog. As outras opcións eran Arredor da cuestión nacional, A banda desdenhada e Siempre en Murcia.
Galicia es una mierda | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ataque Escampe | ||||
Publicado | 2008 | |||
Selo(s) | A Regueifa Plataforma e A Regueifa Discos | |||
Produtor | Ataque Escampe | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Músicos
editarAdemais dos cinco membros da banda no momento da gravación (Roi Vidal: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros e recitados; Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetanas, trompeta, guitarra acústica, trombón de serie B e coros; Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos e recitados; Miguel Mosqueira: guitarras acústicas, baixo, teclas, tubulares, xilófono, coros e voz; e Álex Charlón: voz), tamén participaron outros músicos: Xoel Méndez (banjo e cuatro), Paku Granja (voces), Juan José Carbonell (bongós), Iván Pantín (tuba), Xosé Lois García (piano, caixa e xilófono), Borxa Ínsua (serrucho), Andrea Zayas, da banda Sacha na Horta, (voz), Brais Ríos, tamén de Sacha na Horta, (acordeón), e Xoán Xosé Cruz, de Qronopios, (clarinete).
O disco rematouse de gravar o 31 de decembro de 2007. O técnico de son foi Yago Pico, e foi masterizado por Noel Feáns.
Lista de cancións
editar- "Akira Toriyama"
- "A granxa de Alexandre"
- "Nadina"
- "A banda desdenhada (entre o Leo e o mamoneo)"
- "Serafín"
- "I´m not your man"
- "Canción para pechar o Ruta"
- "Quero ser o malo da película"
- "Vista Alegre"
- "Arredor da cuestión nacional"
- "Galicia es una mierda"
- "O longo adeus"
- "Tres cantos a Lenin"
- "Invención da pólvora" (Bonus track)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- videoclip de "Serafín" dirixido por Ramiro Ledo Cordeiro