Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos

Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos é o primeiro disco do grupo Ataque Escampe, publicado no 2007. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo.

Ed Wood e a invasión dos
paraugas asasinos
Álbum de Ataque Escampe
Publicado2007
Estudio(s)Brántega (Agolada); sala Uf (Vigo)
Xénero(s)Rock
Selo(s)A Regueifa Plataforma
ProdutorAtaque Escampe
Cronoloxía
Ed Wood e a invasión dos
paraugas asasinos
Galicia es una mierda (2008)
editar datos en Wikidata ]

Conta con cinco temas gravados en estudio en decembro de 2006 (cara A), con Benxamín Otero como técnico de son.

A cara B consta de tres temas gravados ao vivo na sala Uf de Vigo, o 2 de xuño de 2006 en mini-disc, con arranxos de Benxamín Otero.

Os temas están interpretados por Roi Vidal, Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro e Alex Charlón, coa colaboración de Iago Mouriño (piano e hammond).

As composicións son do grupo, agás o tema "Mira" (sobre un poema de Chus Pato) e "Rock de serie B" (versión da canción «Hey Hey, My My (Into the Black)» de Neil Young).

Lista de cancións

editar
  • Cara A
  1. "Ourizo"
  2. "Tango do sintasol"
  3. "Móbel-bar"
  4. "Afganistán canto"
  5. "Ana e o caracol"
  • Serie B (ao vivo no Café Uf, Vigo)
  1. "Verdadeiro muro de Berlín"
  2. "Mira"
  3. "Rock de serie B"

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar