Ramiro Ledo

xornalista e cineasta galego
(Redirección desde «Ramiro Ledo Cordeiro»)


Ramiro Ledo Cordeiro, nado en Lugo o 5 de xuño de 1981, é un xornalista e director de cine galego. Despois de residir en Barcelona, na actualidade faino en Compostela.

Modelo:BiografíaRamiro Ledo

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, cineasta Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2034504 BUSC: ledo-cordeiro-ramiro-1981 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou xornalismo na USC. En 2001 foi un dos fundadores do Cineclube de Santiago de Compostela. Dirixiu os tres primeiros números do boletín de cinema en galego Ariel. Forma parte do consello de redacción da revista virtual de cinema Blogs & Docs. É un dos fundadores do proxecto NUMAX.

Aparece como actor na curtametraxe Berberecho (Xosé Manuel Bazarra "Sepi", 2001), e realizou a montaxe de Entre linguas (2009) e A cicatriz blanca (Margarita Ledo, 2012). O seu artigo "Facer filmes contra o seu tempo", aparece no libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural (Cineclube Compostela, 2010).

Premios

editar

Premio Europa Cinemas Awards como empresario do ano 2020.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar