Berberecho (curtametraxe)
Berberecho é unha curtametraxe de Xosé Manuel Bazarra "Sepi", rodada en maio de 2001 en Santiago de Compostela. Estivo nomeada á mellor curtametraxe nos Premios Mestre Mateo 2002.
Berberecho | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Xosé Manuel Bazarra "Sepi" (axudante: Héctor Diéguez) |
Produtor | Xosé Manuel Bazarra "Sepi" |
Guión | Xosé Manuel Bazarra "Sepi" e Gaspar Broullón |
Intérpretes | Carlos Villa, Xosé Manuel Bazarra "Sepi", Ramiro Ledo, Gaspar Broullón, Tomás González Ahola |
Música | Los Enemigos |
Montaxe | Xosé Manuel Bazarra "Sepi" e Gaspar Broullón |
Estrea | 2001 |
Duración | 11 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Comedia |
Sinopse
editarUn home inadaptado senta nun bar a reflexionar sobre a vida e sobre os parroquianos do bar, o Berberecho, situado nunhas galerías do ensanche compostelán. Úsase a técnica da voz en off para reflectir os pensamentos do protagonista, que fala da situación social e política do momento, incluíndo os éxitos do Deportivo da Coruña ou o goberno de José María Aznar.
Inclúe os temas "Me sobra carnaval", de Los Enemigos, "Al borde" de Ilegales, "La línea del frente" de Kortatu, "Instinto" de Leño e o tema principal da serie de animación xaponesa Mazinger Z.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Berberecho, en YouTube.