Amador Arias

garda forestal e actor galego

Amador Arias Mon, nado na Fonsagrada[1] o 15 de marzo de 1957, é un garda forestal e actor non profesional galego, protagonista do filme O que arde.[2]

Infotaula de personaAmador Arias
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , garda forestal Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXiana Arias Editar o valor em Wikidata

Facebook: gema.ferro Twitter: amaarias Editar o valor em Wikidata

A súa filla é a poeta e xornalista Xiana Arias.

Traxectoria editar

Durante a etapa de preprodución do filme de Óliver Laxe O que arde fíxose unha selección de actores en Navia de Suarna. Arias, garda forestal de profesión, achegouse alí interesado pola rodaxe e foi escollido como un dos protagonistas.[3][4] Arias asistiu á estrea mundial na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección oficial Un Certain Regard o 21 de maio de 2019,[5] onde o filme gañou o premio do Xurado.[6]

Galardóns editar

En novembro de 2019, gañou o premio ó mellor actor no Festival Internacional de Cinema de Tesalónica pola súa interpretación en O que arde.[7]

Foi nomeado ó mellor actor na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo por O que arde.

Notas editar

  1. ""En O Corgo soy una viejuca, con una azada; madre mía de mi alma"". El Progreso. 22 de maio de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  2. IMDb (ed.). "O que arde en IMDb". Consultado o 19de outubro de 2019. 
  3. S. Montes, Santiago (11 de outubro de 2019). Culturagalega.gal, ed. "Polo fume se sabe onde arde". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  4. Diario Cultural da Radio Galega, ed. (27 de maio de 2019). "Coñecemos a Amador Arias, protagonista de 'O que arde'". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  5. "The Screenings Guide 2019". 9 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019. 
  6. Lodge, Guy (24 de maio de 2019). Variety, ed. "Brazil’s ‘Invisible Life of Eurídice Gusmão’ Wins Cannes Un Certain Regard Award". Consultado o 24 de maio de 2019. 
  7. filmfestival.gr, ed. (10 de novembro de 2019). "60th TIFF: The Awards". Consultado o 11 de novembro de 2019.