Cervantes

concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo

Coordenadas: 42°52′04″N 7°04′23″O / 42.867777777778, -7.0730555555556

Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2015 tiña 1.487 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cervantego[8] [9].

Cervantes
Escudo de Cervantes
Casa consistorial
Situación
Xentilicio[1]cervantego/cervantega
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación1.250 hab. (2022)[2][3]
Área277,6 km²[3]
Densidade4,5 hab./km²
Entidades de poboación21 parroquias[4]
Capital do concelloSan Román
Política (2023 [5])
AlcaldeBenigno Gómez Tadín (PSdeG-PSOE[6])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Cervantes
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes93,59%
Na rede
concellocervantes.es
editar datos en Wikidata ]

Poboación Editar

Censo total 1.487 (2015)
Menores de 15 anos 64 (4.3 %)
Entre 15 e 64 anos 802 (53.93 %)
Maiores de 65 anos 621 (41.76 %)
Evolución da poboación de Cervantes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
7.181 7.245 7.952 3.218 2.031 1.731 1.643 1.593 1.563 1.528 1.487 1.458 1.423 1.377 1.338 1.294 1.288
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía Editar

O concello ten unha superficie de 276 km². Está enmarcado no leste da provincia de Lugo, xa lindando con León. Os seus cumios máis importantes son o Mustallar (1.924 m), Pico Penalonga (1.890 m), Pico Lagos (1.876 m), Pico Corno Maldito (1.848 m), Pico dos Charcos (1.847 m) e Pico Pena Rubia (1.821 m). Estas elevacións atópanse nas serras próximas da Trapa, Lóuzara, O Oribio, O Rañadoiro e O Piornal.

Está atravesado polos ríos Navia, Ser, Quindous, Cancelada, Cervantes, Barcia, Cabana, Castro, Cales, Cereixedo, Covas, Pontorrón, Ribón, Vilarello e Vilaver.

Flora e vexetación Editar

As terras de Cervantes albergan nas montañas orientais unha gran riqueza florística. Sobre o total galego, que se sitúa ao redor de 2 200 especies e subespecies; só na serra veciña do Courel cóntanse con 800 taxons, case o 40% do total, nunha área que representa o 1% da superficie galega. O catálogo dos Ancares, incluídas as dúas vertentes, componse de 1 028 especies e subespecies de plantas vasculares (cormófitos), aproximadamente a metade das existentes no conxunto de Galiza. Só de orquídeas hai 16 especies nos Ancares, máis da metade delas ligadas aos afloramentos calcáreos. Contabilízanse tamén alí 33 fentos, o que sitúa esas montañas na clase 7 de riqueza pteridodolóxica, sobre un máximo de 8.

O relativo bo estado de conservación da área tradúcesena existencia de restos boscosos cunha boa presenza de árbores: carballos, carballos de montaña, cerquiños, aciñeiras, faias, teixos, umeiros de montaña, abeleiras, acivros, bidueiros, castiñeiros, cerdeiras, sorbeiras, freixos, amieiros, salgueiros e lamigueiros.

Historia Editar

O topónimo Cervantes fai referencia a que a zona é terra de cervos.

 
Castelo de Doiras.

Os primeiros asentamentos no concello de Cervantes son de orixe prerromana. Da cultura castrexa consérvanse o castro de Santa María de Cervantes. Desa mesma época proceden as pallozas típicas dos Ancares, existentes aínda en aldeas como Piornedo.

Durante a Idade Media as terras pertenceron a diferentes nobres, como o marqués de San Sadurniño (que residiron até finais do século XIX no castelo de Quindós), ou o señor de Cervantes, conde de Villanueva de Cañedo e marqués de Alcañices, que exerceu xurisdición na zona desde o castelo de Doiras. A actual demarcación do concello chegou a estar dividida entre dous señoríos: o de San Miguel dos Agros e o dos condes de Grajal.

Sobre a orixe do escritor Miguel de Cervantes, tense falado da súa descendencia da liñaxe dos Cervantes. O cardeal das Indias Españolas, Álvaro Mendoza Caamaño y Sotomayor, era natural do Pando de Donís, e mandou construír en Lama de Rei un suntuoso pazo.

Durante a Guerra de Independencia as tropas napoleónicas, chegadas polo Camiño Real de Castela atoparon confrontación por parte das alarmas populares, que amparados pola orografía comarcal causaron varias baixas no exército invasor.

Patrimonio Editar

O patrimonio arquitectónico máis coñecido do concello son as pallozas, conservadas en Piornedo, Donís, Robledo, Pozo, Pando, Sevane e Vilarello. Outras construcións populares son os frecuentes hórreos e pombais.

O castelo de Doiras é un dos mellores conservados de Galiza. A torre de Donís sinala a supervivencia señorial dun pobo de pastores, habitantes das pallozas. A fortaleza de Ferreira pertenceu aos dominios de Pedro Osorio Manrique.

Galería de imaxes Editar

Lugares de Cervantes Editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervantes vexa: Lugares de Cervantes.

Parroquias Editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervantes

Ambasvías (Santalla) | Castelo (San Pedro) | O Castro (Santa María) | Cereixedo (Santiago) | Donís (San Fiz) | Dorna (Santa María) | Lamas (San Xiao) | O Mosteiro (San Xoán) | Noceda (San Pedro) | O Pando (Santa María) | Quindous (San Xusto) | A Ribeira (San Martín) | San Pedro de Cervantes (San Pedro) | San Román de Cervantes (San Román) | San Tomé de Cancelada (San Tomé) | Vilapún (Santa Comba) | Vilaquinte (San Breixo) | Vilarello (Santa María) | Vilasante (Santiago) | Vilaspasantes (San Xoán) | Vilaver (San Xusto)

Notas Editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Cervantes".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cervantego.
  9. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 45. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.