Castelo de Doiras

fortificación medieval en Vilarello, Cervantes

O castelo de Doiras, tamén coñecido como Castelo da Ferrería ou Torre da Ferreiría,[1] é unha fortificación medieval. Sitúase no alto dun risco á beira do río Cancelada, no lugar de Doiras, na parroquia de Vilarello, do concello lugués de Cervantes, preto da Ferrería de Fonquente.

Castelo de Doiras
Vilarello Editar o valor en Wikidata

Tipomonumento e castelo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°46′58″N 6°59′06″O / 42.782778, -6.985
Situado enVilarello Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data17 de outubro de 1994
IdentificadorRI-51-0008887
Fontes e ligazóns
RedesPatrimonio Galego: 30592
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

O castelo construíuse no século XV co obxectivo de defender a entrada en Galicia do Camiño de Santiago e foi fundado por Paio Guindós. Foi propiedade do conde Grajal de Campos, señor de Cervantes, título que posuíu até 1909 o Duque de Sexto. Mercouna Emilio Martínez Baladrón nos anos corenta e vendeulla despois a Bruno Arrojo. En 1994, foi declarado Ben de Interese Cultural.[2] En 2001 pasou a pertencer a Xosé Soto Rodríguez, quen llo cedeu á fundación Xosé Soto de Fión.[3] En 2024 mercouno o concello de Cervantes coa axuda da Deputación de Lugo.[4]

Descrición

editar

Está situado a 700 metros de altitude dominando o río Cervantes, na desembocadura do Doiras, e é posiblemente o monumento máis coñecido e característico da serra dos Ancares. Segundo Ángel del Castillo semella obra da segunda metade do século XV.

Estrutúrase nun polígono rectangular de 25 por 21 metros de ancho elaborado con muros de metro e medio de espesor e oito metros de altura (esta é desigual, debido ós desniveis do terreo), construído en cachotaría de lousa. A torre da homenaxe acada os 14 metros de altura, e ten planta rectangular (10 metros por 8) con muros de 2 metros de espesor. Interior con salóns e apousentos con pinturas ao fresco moi deterioradas. Todo forma conxunto coa igrexa, denantes capela familiar, e o grupo de casas do núcleo urbano.

A porta da entrada é de madeira e ten uns catro metros de altura, dende a cal se accede ao patio de armas. Unha porta cun arco de medio punto permite o acceso ao patio de honra.

Estado de conservación

editar

A pesar de que a primeira vista poida parecer en bo estado de conservación, polo impresionante das estruturas visibles, foi sometido en tempos recentes a diversas restauracións de dubidoso criterio científico e o seu interior atópase nun estado lamentable, ata o punto de que aparece lixo acumulado nalgunhas zonas.[5]

Lendas

editar

Existen dúas lendas situadas no castelo de Doiras. A primeira conta que un pai e un fillo que vivían no castelo discutiron agremente porque o primeiro quería celebrar unha festa na casa mentres que o segundo prefería ir á festa que había en Pedrafita do Cebreiro. O fillo non quixo obedecer ó pai e este lanzoulle unha maldición: "Xa que tanto te gustan as mozas, así andes tras das lobas".

Efectivamente, unha noite o fillo vese impelido a abandonar a cama e o castelo, e remata envorcallándose nunha poza de lama. Así convértese nun lobishome que ataca o gando das aldeas próximas. O pai, agoirado pola falta do fillo e desconfiando que puidese tratarse deste acode a unha meiga, que lle confirma as sospeitas e aconséllalle que facer para recuperar o fillo: deberá ferilo levemente e este recuperaría o aspecto humano, pero coa cautela de que se matase ó lobo, o fillo tamén morrería. O pai sobe ó monte e ata un año a unha toxeira, de forma que o lobishome acode ó cebo e el consegue facerlle un corte na pel co coitelo que leva.

Pouco a pouco, a pel do animal vaille caendo e liberando ó fillo, que pronto vai recuperando a antiga forma humana.

A segunda lenda, máis coñecida que a anterior, conta a transformación dunha doncela nunha cerva branca e a morte a mans do seu irmán, que andaba de cazata polos montes do lugar. Trátase da lenda da muller cerva.

Galería de imaxes

editar
  1. Castelo de Doiras na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Siso Zapata, André (30 de marzo de 2025). "El castillo medieval de Doiras, en Cervantes, vuelve a manos de los lucenses y abre al público". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2025. 
  3. "Doiras ben merece unha atención", La Voz de Galicia, 5.02.2017, p. 4.
  4. "A Deputación de Lugo e o concello de Cervantes adquiren o castelo de Doiras por 960.000 euros". Cultura Galega. 4 de xaneiro de 2024. 
  5. Varela, Suso (27/1/2017). "Los historiadores alertan de los daños y el abandono del castillo de Doiras". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar