Emilio Martínez Baladrón
Manuel Emilio Martínez-Baladrón García, coñecido como Manuel Emilio Martínez García-Baladrón e Emilio Martínez Baladrón, nado en Santiago de Compostela e finado na Ponte Maceira (Portor, Negreira) o 4 de marzo de 1970, foi un avogado e empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Santiago de Compostela, España |
Morte | 4 de marzo de 1970 A Ponte Maceira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , empresario |
Traxectoria
editarFillo do médico Emilio Martínez Baladrón e de Josefa García Elizagaray, filla única e herdeira de Ramón García Mouriño. O seu pai non exerceu a medicina, senón que se dedicou á administración dos negocios herdados pola súa muller, finando en xaneiro de 1936.[1] Emilio licenciouse en Dereito e foi o herdeiro dos negocios familiares. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era suboficial de Complemento de Artillaría en Santiago de Compostela, encabezou a subscrición para o Exército con 20.000 pesetas e puxo a disposición da Junta de Defensa Nacional a súa fortuna estimada en 30.000 libras esterlinas; inmediatamente foi ascendido a alférez e marchou á fronte.[2] O 6 de novembro de 1936 foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela e primeiro tenente-alcalde na corporación presidida por Manuel García Diéguez.[3] Foi ferido na fronte de Madrid o 26 de decembro de 1936.[4] Ascendido a tenente en maio de 1937;[5] convalecente, pediu o asesoramento de Ramón Baltar, quen o acompañou a Alemaña para operarse en Wrocław en agosto de 1937.[6] Estivo nun Hospital de Wrocław ata decembro dese ano.[7] Foi xefe da Sección de Donativos do Cuartel General del Generalísimo en Burgos, que xestionou o patrimonio de Franco durante a guerra.[8] Foi presidente do Casino de Santiago. Foi membro dos consellos de administración de Fenosa e de FRINSA. Construíu o pazo de Baladrón na Ponte Maceira e mercou o castelo de Doiras. Amigo de Franco, no seu pazo de Baladrón celebráronse reunións na ditadura. Finou no pazo da Ponte Maceira o 4 de marzo de 1970.[9]
Recoñecementos
editar- Foi nomeado fillo predilecto de Santiago de Compostela en agosto de 1936.[10]
- Medalla do Mérito Militar con distintivo branco.
- Comendador da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal
editarCasou coa súa prima segunda Carmen García Elizagaray en xuño de 1933,[11] e non tivo fillos.
Notas
editar- ↑ El Eco de Santiago, 14-1-1936, p. 3.
- ↑ El Eco de Santiago, 6-8-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 7-11-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-11-1937, p. 9.
- ↑ El Compostelano, 13-5-1937, p. 2.
- ↑ Ramón Baltar
- ↑ El Eco de Santiago, 27-12-1937, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 3-7-1939, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-3-1970, p. 15.
- ↑ El Eco de Santiago, 17-8-1936, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 23-6-1933, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Viñas, Ángel (2015). "¿La "hábil prudencia" de Franco? (política exterior y finanzas)". Hispania Nova. Revista de Historia Contemporánea (Núm. 1 Extraordinario): 291 a 328.