A Veiga de Espiñareda
A Veiga de Espiñareda[Cómpre referencia] (en castelán e oficialmente: Vega de Espinareda) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 132,01 km², na que vivían 2 419 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 18,32 h/km². Este concello é bilingüe, as aldeas que fican á dereita (oeste) do río Cúa son galegofalantes, mentres as demais falan unha fala de transición entre o leonés e o galego, pero con maior influencia leonesa[1].
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | A Veiga de Espiñeireda | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.016 (2023) (15,27 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 132,01 km² | |||
Altitude | 604 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde da Veiga | Santiago Rodríguez García (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24430 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24196 | |||
Sitio web | vegadeespinareda.org | |||
Historia
editarO actual concello é o herdeiro do señorío da abadía de Santo André de Espiñareda; este mosteiro, moi reformado, aínda se conserva. Os habitantes do lugar da Veiga da Espiñareda van xurdindo segundo evoluciona a vida monástica, fornecendo vasalos e criados para a súa manutención. O 3 de setembro de 1336, o Abade Fernando dá carta de poboación a 25 veciños, e aos que veñan morar á vila da Veiga, concedéndolles as súas propiedades dende Finolledo ata Sésamo, os montes de Oceiru e outros termos, a cambio de obrigas, pagamentos e impostos. O Abade comprométese a avogar ante o rei de todos os privilexios concedidos[2].
A vila de Veiga de Espiñareda está situada no norte da bisbarra do Bierzo (León - España), a 25 quilómetros de Ponferrada, capital e centro administrativo, xudicial e económico da bisbarra antes citada.
Trala agregación dos concellos de Burbia (no século XIX) e máis recentemente (en 1974), do Val de Finolledo, A Veiga de Espiñareda converteuse no concello máis extenso da zona, pois o seu termo se estende por 132,6 km² con 2 538 habitantes.
A capital e cabeceira do concello é A Veiga de Espiñareda que ten 1 577 habitantes. E tras ela: Sésamo, con 328; Val de Finolledo con 217; San Pedro de Oleiros, con 128; El Espín, con 89; Burbia, con 68; San Martín de Moreda, con 53; Moreda, con 43; Espinareda de Veiga, con 19; Vilar de Outeiro, con 7; Penoselo, con 5; A Bustarga, con 4; e As Salgueiras, (despoboado). Todos eles conforman este amplo concello e a gran maioría destes lugares son ideais para o descanso, a práctica de deportes e a contemplación da beleza das súas paraxes.
Parroquias
editar- Burbia
- A Bustarga
- El Espín
- Espinareda de Veiga
- Moreda
- Penoselo
- As Salgueiras
- San Pedro de Oleiros
- San Martín de Moreda
- Sésamo
- Val de Finolledo
- A Veiga de Espiñareda
- Vilar de Outeiro
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ Fuente: Alvarez Garnelo, Serafín (2002)Genealogía de EspinaredaPonferrada, Serafín Alvarez Garnelo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Veiga de Espiñareda |