Río Cúa

O río Cúa é un río español da comarca do Bierzo, na provincia de León, afluente do río Sil pola súa beira dereita.

Río Cúa
Rio-Cúa.jpg
PaísEspaña España
Lonxitude62 km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Sil

DescriciónEditar

FontesEditar

Nace no Campo de la Pesca, preto do porto de Cienfuegos, a 1565 m de altitude.

PercorridoEditar

No seu curso alto segue unha dirección oeste-leste até un quilómetro despois de recibir, pola esquerda, as augas do rego de Trayecto, mudando entón o sentido a norte-sur. Atravesa os municipios de Peranzanes, Fabeiro, Vega de Espinareda, Arganza, Cacabelos, Carracedelo e Toral dos Vados, onde desemboca no Sil.

O seu percorrido total é de 62 km. O conxunto da súa cunca cobre unha área de 677 km².

AfluentesEditar

Os afluentes principais do Cúa son, pola dereita, o río Ancares, e pola esquerda, e con menor caudal, o mencionado rego de Trayecto, o río de Faro e máis o río Biarzas.