Abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda

A abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda é un antigo señorío eclesiástico e xurisdición de España, e un mosteiro beneditino situado na Veiga de Espiñareda, na comarca leonesa do Bierzo.

Abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda
PaísEspaña
Coordenadas42°43′31″N 6°39′18″O / 42.725369, -6.654985Coordenadas: 42°43′31″N 6°39′18″O / 42.725369, -6.654985
Estiloarquitectura neoclásica
Páxina webhttp://www.vegadeespinareda.com
editar datos en Wikidata ]

Non se coñece a data exacta das orixes do edificio. É posible que a primeira edificación, da cal non quedan restos, date de finais do século IX ou comezos do X. A actual edificación (é a terceira reconstrución), foi comezada -segundo a epígrafe da fachada- no ano 1778 e rematada en 1780. Ademais foi un templo que contaba cun convento e unha escola, esta última pechada dende o ano 1995[1].

Historia editar

Construído nunha data incerta polos monxes provenientes do mosteiro de Ageo, situado en Zamora, seguindo a San Xenadio. Foi moito máis próspero ca outros mosteiros grazas á fertilidade das terras achegadas ao río Cúa. O mosteiro recibiu privilexios outorgados polos reis de León, o cal aumentou a súa importancia. Tamén recibiu favores da alta nobreza do Bierzo, quen elixiu este mosteiro para os seus enterramentos. Por esta razón, o mosteiro recibiu terras, doazóns, herdanzas e favores da familia real e a nobreza local[2].

Os monxes eran os terratenentes da época con explotacións agrícolas e gandeiras. Daquela, os relixiosos tiñan tamén poder político grazas aos vastos territorios xurisdicionais que posuían. O punto máximo do seu poder alcanzárono no século XVI, cando os abades se converterían en bispos de Granada ou de lugares exóticos coma Grecia[2].

No ano 1283 o mosteiro sofre un grande incendio, polo cal varios bispos do Reino de León, Zamora, Badaxoz, Coria e Astorga se comprometesen a contribuír á súa reparación[2].

Xa no século XVIII o seu poderío diminuíu coa distribución da riqueza do mosteiro entre os abades e o desvío de riquezas para os seus familiares. Logo, a Desamortización de 1836 desposuíu ao mosteiro de todas as súas terras, con excepción dunha pequena horta e dun bosque próximo de carballos, causando a ruína e o abandono do mosteiro. Tamén no século XVIII é cando se produce outra reparación xeral do edificio, que lle fornece os actuais trazos de estilo neoclásico[2].

 
Parte traseira do mosteiro.

Antiga xurisdición editar

 
Fonte da Abadía.

Os datos que temos sobre a súa antiga xurisdición proveñen do Censo das provincias ordinarias e partidos, de Tomás González Hernández, arquiveiro de Simancas, copiado fielmente dun libro intitulado Libro do repartimento que se fixo dos oito millóns (de donativo) grazas aos achados que se fixeron sobre as veciñanzas do Reino no ano 1 591 para dende o ano 1 594 en diante (Libro dos millóns).

Segundo este censo, a abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda tiña os seguintes pobos baixo a súa xurisdición:

  • La Vega (A Veiga de Espiñareda)
  • Penaselo (Penoselo)
  • San Martino de Moreda (San Martín de Moreda)
  • Burstergo (Bustarga)
  • Pancañedo
  • Finolledo (Finolléu)
  • Ocero (Oceiru)
  • Villar de Otero (Vilar de Outeiro)
  • Castellanos
  • Santa Marina (Santa Marina del Sil)
  • Bárcena (Bárcena de l'Abadia)
  • Trascastro
  • Tombrío de Abajo (Tombriu d'Abaixu)
  • Laguiera
  • Fresne del Otero
  • Lillo (Lillo del Bierzo-Lillu d'El Bierzu)
  • San Pedro de Olleros (San Pedro de Oleiros)
  • Burbia
  • San Miguel de Argancia (San Miguel de Arganza-Samiguel d'Arganza)
  • Panillo (Espanelo)
  • Retuerta
  • San Vicente
  • Cano
  • Prado
  • Saucedo (Sancedo-Sánceu)
  • Berlanga (Berlanga del Bierzo)
  • Fontoria (Fontoira)
  • San Juan de la Mata (San Xuán de la Mata)
  • Moreda

Como se pode ver na lista, esta xurisdición estendía o seu goberno por boa parte do Bierzo: os concellos da Veiga de Espiñareda, Fabeiro, Arganza, Peranzais, Sancedo, Toreno, Cubillos de Sil, e Berlanga del Bierzo. Daquela, a xurisdición da Abadía de Santo André da Veiga de Espiñareda tiña 1 258 habitantes.

Notas editar

  1. Monasterio Benedictino de San Andrés Arquivado 07 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Municipio de Vega de Espinareda. Consultado o 29 de novembro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 J. V. Álvarez de la C. Un monasterio que resume toda la historia de León Arquivado 19 de marzo de 2014 en Wayback Machine. La Crónica de León. Consultado o 29 de novembro de 2012.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • González, Tomás: Censo de población de las Provincias y Partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI. De Orden del Rey N. S., Madrid en la Imprenta Real, ano de 1829. Edición facsimilar: Censo de Castilla de 1591: Vecindarios. Comentario de Annie Molinié-Bertrand; introdución de Eduardo García España. Instituto Nacional de Estadística, Madrid: 1982. ISBN 84-260-0639-6.

Ligazóns externas editar