Vilafranca do Bierzo

concello da provincia de León

Vilafranca[1] (en español e oficialmente Villafranca del Bierzo) é un concello de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada no noroeste da provincia de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965. O seu xentilicio é vilafranquín/-iña.[1]

Modelo:Xeografía políticaVilafranca do Bierzo
Imaxe

Localización
Mapa
 42°36′22″N 6°48′38″O / 42.60601, -6.81069Coordenadas: 42°36′22″N 6°48′38″O / 42.60601, -6.81069
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
CapitalVilafranca Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.694 (2023) Editar o valor em Wikidata (15,19 hab./km²)
Xentiliciovilafranquín Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie177,37 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude499 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAnderson Batista Rojas Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24500 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE24209 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvillafrancadelbierzo.org Editar o valor em Wikidata
Facebook: TurismoVillafrancaDelBierzo Twitter: VillafrancadelBierzo Instagram: villafrancadelbierzo Youtube: UCqpIX0PWUjoNpN5JhS0EK4Q Editar o valor em Wikidata

Por Vilafranca pasa o Camiño de Santiago, e constitúese como fin de etapa e como meta en casos excepcionais, pois na igrexa da vila dedicada ao Apóstolo, pódese gañar o xubileu cando concorran circunstancias que impidan ao peregrino proseguir deica Compostela. É un dos 47 concellos galegofalantes da Galicia estremeira.

A vila está a unha altitude de 505 metros e nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce.

Poboación editar

En 2022 tiña 2756 habitantes, o que supón un descenso con respecto a 2010, cando tiña 3516, e o ano 2000, cando tiña 3807 habitantes. A distribución por sexo é de 51,8% de mulleres e 48,2% homes.

Núcleos de poboación editar

  • Aira da Pedra
  • Campo da Lagúa ou Campo da Auga
  • Cela
  • Landoiro
  • Paradaseca
  • Paradiña
  • Poboadura da Somoza
  • Porcarizas
  • Prado da Somoza
  • Ponte de Rei
  • Ribón
  • Teixeira
  • Valtuílle de Abaixo
  • Valtuílle de Arriba
  • A Veigueliña
  • Vilachá
  • Vilafranca do Bierzo
  • Vilar de Aceiro
  • Vilela

Historia editar

Creouse o Señorío de Vilafranca no século XII. No ano 1192 Afonso VIII de León e Galicia outorgalle á vila o seu foro.

No século XV estabeleceuse o marquesado de Álvarez de Toledo y Osorio. O 27 de xaneiro de 1822 creouse a provincia de Vilafranca do Bierzo, coa vila homónima como capital. Esta entidade administrativa mantívose até o 1 de outubro de 1823.

Na vila naceu o erudito Frei Martín Sarmiento, primeiro estudoso da lingua galega, o 9 de marzo de 1695. Tamén naceu aquí Enrique Gil y Carrasco o 15 de xullo de 1815, escritor romántico, autor de "El Señor de Bembibre" e membro da Sociedade de Teatro que desde o seu bicentenario leva o seu nome. Os seus restos repousan na igrexa de San Francisco, tras seren localizados en Berlín, onde morrera en 1845, e repatriados en 1987.

Monumentos editar

Festas e feiras editar

Festas patronais editar

Festas do Cristo o 14 de setembro.

Outras festas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar