Enrique Gil y Carrasco
Enrique Gil y Carrasco, nado en Vilafranca do Bierzo en 1815 e finado en Berlín en 1846, foi un escritor romántico do Bierzo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1815 Vilafranca, España |
Morte | 22 de febreiro de 1846 (30 anos) Berlín, Alemaña |
Causa da morte | tuberculose |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, xornalista, escritor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Movemento | Romanticismo |
Familia | |
Irmáns | Eugenio Gil Carrasco |
Parentes | Enrique Gil Robles, sobrinho fraterno José María Gil Robles, sobriño neto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarNaceu o 15 de xullo de 1815 no Bierzo, aínda que seu pai era da provincia de Soria e a súa nai da provincia de Zamora. En 1823 a súa familia trasladouse a Ponferrada. Estudou alí cos agostiños e en 1829 marcha a Astorga para continuar os seus estudos no seu seminario. En 1832 matriculouse na Universidade de Valladolid. En 1836 trasladouse a Madrid e participa no faladoiro literario do Parnasillo, onde coñeceu escritores como José de Espronceda, Mariano José de Larra ou José Zorrilla. Alí comezou a escribir poemas, publicados en periódicos como El Español ou Semanario Pintoresco Español, onde en 1840 apareceu por entregas El lago de Carucedo. Nese ano obtén unha praza de axudante na Biblioteca Nacional. En 1844 trasladouse a Berlín como secretario da embaixada española. Morreu de tuberculose pulmonar o 22 de febreiro de 1846.
Obra
editarEnrique Gil y Carrasco publicou un total de 32 poemas: o primeiro, Una gota de rocío, publicouse en decembro de 1837. Nos seus poemas destacan os temas da natureza, a morte, o esquecemento, a saudade nunha poesía de carácter intimista. Escribiu tamén artigos costumistas na prensa da época a partir de 1839 en El Semanario Pintoresco Español.
Pero sobre todo coñécese a Gil y Carrasco como autor de novelas e relatos. En 1838 apareceu, en El Correo Nacional, El anochecer en San Antonio de la Florida, un relato autobiográfico. El lago de Carucedo (1840) é un relato histórico que acontece no século XV.
En 1844 publicou El Señor de Bembibre, novela considerada obra epigonal do movemento romántico. O libro está escrito baixo a influencia da desamortización de Mendizábal, e con recursos literarios tirados, en parte, de Walter Scott.