O Burbia é un río da provincia de león, na comarca do Bierzo, que é tributario do río Sil, á súa vez afluente do Miño.

Burbia
Conca522
Desembocadurarío Sil

Percorrido editar

O Burbia nace nos Ancares leoneses a 1.540 m de altura, nun circo glaciar, localizado entre os picos de Corno Maldito (1830 m) e O Mustallar (1935 m), este xa nos lindes entre León e Galiza. É un río de montaña con curso encaixado ata Vilafranca do Bierzo, onde se lle xunta o Valcarce. Desde aí corre xa polo Bierzo Baixo, atravesa Corullón, e, entre veigas e viñedos, vaise achegando até Toural dos Vaos, confluíndo co Sil en Paradela del Río.

A súa conca abrangue unha superficie de 522 km². O Burbia é un río de réxime pluvio-nival.

Afluentes editar

A súa conca é disimétrica, polo que os seus principaís tributarios recíbeos pola beira dereita, dos que cómpre destacar:


Historia editar

A conca do Burbia sufriu a explotación aurífera dos romanos, con sistemas semellantes ao das Médulas, é dicir de ruina montium. Foi en tempos modernos usado hidraulicamente para ferrarías, das que fica en funcionamento, con fins didácticos, o mazo de Corullón.

No ano 791, nun lugar indeterminado tivo lugar a batalla do río Burbia entre o califa Hixam II e as tropas cristiás do rei Vermudo I o Diácono. En antigos mapas medievais, os lindes entre o reino de Galiza e o de León sinalábanse polo curso do Burbia.