Toreno é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 3.595 habitantes (INE 2012). Está situado a 108 quilómetros de León, a través de Bembibre e a 23 quilómetros de autovía (CL-631) de Ponferrada.

Modelo:Xeografía políticaToreno
Imaxe

Localización
Mapa
 42°42′02″N 6°30′35″O / 42.700555555556, -6.5097222222222Coordenadas: 42°42′02″N 6°30′35″O / 42.700555555556, -6.5097222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
CapitalToreno Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.898 (2023) Editar o valor em Wikidata (27,99 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie103,53 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude659 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónXoán o Bautista Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataVicente Mirón Vázquez Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24450 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE24169 Editar o valor em Wikidata

Sitio webtoreno.net Editar o valor em Wikidata
Picota medieval.

Xeografía editar

A localidade de Toreno atópase no val do Sil, que divide o territorio en dúas metades. Caracterízase pola súa xeografía accidentada, xa que está arrodeado de outeiros e montañas, entre os que destacan "La Gándara" e "El Castro". Con 1721 msnm, o cumio de Gistreo é a altitude máxima do concello, mentres que a mínima é de 610 msnm e atópase nos arredores de Santa Marina del Sil, no val do río e limitando coa localidade veciña de Cubillos del Sil.

Aínda que o Sil é o principal curso de auga, son numerosos os ríos e regatos que atravesan o concello. Os máis importantes por extensión e caudal son o río Primout, o regato Velasco, o río Castro e o río de Villar.

Localidades editar

Demografía editar

A poboación da localidade é de 2.057 habitantes, chegando a 3.595 na totalidade do concello.[1] A súa demografía está moi influenciada polos concellos veciños. Toreno rexistrou un bo aumento de poboación na primeira metade do século XX por mor do auxe na actividade mineira. Nos anos 60, o peche das explotacións e as carboeiras da localidade fixo que moitos traballadores se tiveran que desprazar a outros puntos da mesma conca ou abandonasen a comarca. Na actualidade sofre unha gran perda demográfica en beneficio de Ponferrada e outras cidades do estado.

Evolución da poboación do concello de Toreno dende 1920 até 2012:

Ano 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1991 1996 2001 2006 2012
Poboación 2.757 2.855 3.283 4.151 6.948 6.139 5.184 4.481 4.417 3.806 3.595
Fonte: Instituto Nacional de Estadistíca

Clima editar

O clima de Toreno está determinado pola asociación da influencia océanica e mediterránea, que lle confire o microclima temperado e húmido típico berciano.

Festas editar

Monumentos de interese editar

  • Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista.
  • Picota Medieval.
  • Casa dos Escribáns.
  • Ponte romana.
  • Castro romano.
  • Pazo do Conde de Toreno.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar