Río Sil
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño, coa que comparte a expresión popular de «o Sil leva a auga e o Miño a fama».
Sil | |
---|---|
Vista dos canóns do Sil | |
País | España |
Comunidades Autónomas | Galicia Castela e León |
Nacemento | La Cueta, León |
Altitude | 1980 m |
Lonxitude | 228 km |
Conca | 4 500 km² |
Caudal medio | 100 m3/s |
Desembocadura | río Miño |
Conca do río Miño no territorio galego | |
Características
editarNace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.
No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8 020 km².
Tanto o seu caudal como o dos seus afluentes é moi estable.
A sona de ser o río máis caudaloso de Galicia está xustificada: No anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o dos Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[1] A xuntanza de ambos, na parte baixa do Miño, produce un caudal conxunto superior.
Etimoloxía
editarSegundo algúns autores crese que Sil viría do latín sil: ocre. Plinio o Vello falaba nos seus documentos da abundancia de ouro e prata que se tiraba das grandes explotacións mineiras da Gallaecia no que hoxe son As Médulas, na conca do Sil; tales minas eran tamén ricas en materias corantes ou pigmentos ocres. Dioscórides fala expresamente dos ocres da Iberia occidental.
Máis probable é a orixe que dan outros autores, que falan dunha raíz celto-xemánica-lituana: sei-, sel- (pingar), da que derivan os nomes doutros ríos coma os italianos Silis e Silarus. Outros autores falan da raíz celto-xemánica-báltico-eslava: slei-, sli- (esvarar).
Tamén existe unha terceira hipótese de orixe preindoeuropea.[2]
Principais afluentes
editar
Pola ribeira esquerda: |
Pola ribeira dereita: |
Encoros
editarOs principais encoros do río son:
- As Rozas (28 hm³), en Villablino (León).
- Bárcena (341 hm³), situado en Ponferrada (León).
- Penarrubia (13 hm³), en Rubiá (Ourense).
- Pumares, en Carballeda de Valdeorras (Ourense).
- Santiago (2 hm³), en Vilamartín de Valdeorras (Ourense).
- San Martiño (10 hm³), en Quiroga (Lugo).
- Sequeiros (11 hm³), entre Quiroga e Ribas de Sil (Lugo).
- Santo Estevo (213 hm³), en Nogueira de Ramuín (Ourense).
- San Pedro ou Pombeiros (6 hm³), entre Nogueira de Ramuín (Ourense) e Pantón (Lugo).
Notas
editar- ↑ ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Sil
-
Ponte de ferrocarril sobre o Sil
-
Canón do Sil
-
O Sil na Ribeira Sacra
-
O Sil na Ribeira Sacra
-
Vista desde o Parador Santo Estevo, Luíntra, Nogueira de Ramuín
-
Viñedos á beira do Sil
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Sil |