Abrir o menú principal

O Soldón é un río galego, afluente do Sil pola súa marxe dereita, que ten todo o seu curso dentro da provincia de Lugo.

Río Soldón
PaísGalicia Galicia
Lonxitude20 km
Caudal medio2,6 m3/s
DesembocaduraRío Sil

Étimo do nomeEditar

O río toma, como moitos da Galiza, o seu nome do pequeno lugar do Soldón, no concello de Quiroga, no seu curso alto.

PercorridoEditar

Nace a 1.160 m de altura, na serra dos Cabalos, na serra do Courel. Atravesa todo o concello de Quiroga nun percorrido de 20 km, para unirse ao Sil no Soldón, a uns 250 m de altitude. A súa conca ten unha área de 93 km2, e o seu caudal medio é de 2,6 m3/s. Ten como afluentes regatos de montaña. Durante o seu percorrido vai moi encaixado.

AfluentesEditar

Pola dereitaEditar

  • Carrozo de Pinacedo
  • Carrozo do Val de Parada
  • Carrozo do Val Herboso
  • Carrozo do Val da Cova
  • Rego de Valdenabais
  • Caborco do Inferno
  • Regueiro das Calas

Pola esquerdaEditar

  • Carrozo da Fervencia
  • Carrozo das Lameiras
  • Rego de Montouto
  • Rego de Recheín
  • Carrozo do Carroceiro
  • Carrozo de Paínzo
  • Río de Vilarmiel
  • Regueiro do Barreiro
  • Regueiro de Rocaboa

 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.