Serra dos Cabalos

A Serra dos Cabalos é unha das serras orientais de Galiza. Esténdese en dirección NE-SO e está localizada nos límites entre Galiza e a provincia de León. Está conformada por lousas, granitos, areíscas, cuarcitas e calcarias. Polo norte, o leste e máis o sur está rodeada polo río Selmo e os seus afluentes; polo oeste está o curso do río Soldón.

O punto de maior altura é o pico Montouto, con 1534 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar