O Soldón, A Seara, Quiroga
O Soldón é unha aldea de montaña, localizada na parroquia da Seara, no concello de Quiroga. No ano 2007 tiña 21 habitantes.
O Soldón | |
---|---|
Parroquia | A Seara |
Concello | Quiroga |
Coordenadas | 42°33′04″N 7°06′01″O / 42.5511811, -7.1003805 |
Poboación | 13 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO Soldón está situado na serra do Courel, ao pé da estrada que une o núcleo de Quiroga coa Veiga de Valcarce en León. Está situada na beira occidental desa estrada, subindo na montaña, a unha altitude comprendida entre os 875 e os 950 m. Ao leste da aldea está situada a Fonte de Cais, un dos cumios máis elevados do Courel, con 1.419 m.
O río que pasa por Soldón é un regato chamado Carrozo de Pinacedo, que á entrada da aldea conflúe no río Soldón. Este, que é un curso maior, desemboca no río Sil 20 km ao sur, e traza un percorrido paralelo á aldea, ao leste desta.
Ten unha capela e tamén un pequeno camposanto, se ben a igrexa parroquial non se atopa no Soldón, senón na aldea da Seara. Tivo escola unitaria, que foi construída comunalmente en 1939 e que funcionou dende 1940 ata 1974.
Cultura
editarPara a reconstrución e rehabilitación da antiga escola do Soldón como local social celebrouse o 3 de maio de 2008 un festival musical na Ermida, chamado Frikiroga.
Lugares e parroquias
editarLugares da Seara
editarLugares da parroquia da Seara no concello lugués de Quiroga | |
---|---|