Montefurado, Quiroga
Coordenadas: 42°23′44.443″N 7°12′10.524″O / 42.39567861, -7.20292333
San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. En 2011, segundo o IGE, tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).
Montefurado | |
---|---|
![]() Túnel romano de Boca do Monte en Montefurado, polo que atravesa o río Sil | |
Concello | Quiroga[1] |
Provincia | Lugo |
Área | 37 km² |
Poboación | 162 hab. (2011) |
Densidade | 4,38 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Está situada á beira do río Sil, entre as dúas maiores serras de Galiza, o Macizo Central ourensán e a Serra do Courel. A influencia do río fai que esta zona goce dun clima continental mediterráneo, con temperaturas baixas en inverno e moi calorosas en verán.
HistoriaEditar
A parroquia toma o nome do Monte Montefurado, tamén coñecido como "Boca do Monte". Foi construído no século II, en tempos do Emperador Traxano, para desviar o leito do río e poder extraer o ouro que este arrastraba lavando o lodo da antiga conca. Ten uns 400 metros de longo por 19 de ancho, e unha altura media de 17 metros. Unha difícil obra de enxeñaría para a época. Dise que os romanos talaron unha fraga de aciñeiras que había preto do lugar que aínda conserva o topónimo de Enciñeira para romper a roca a fogo. Os romanos estaban acampados no lugar de Sesmil, que toma o seu nome da lexión romana dese nome.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Montefurado, Quiroga.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de MontefuradoEditar
Lugares da parroquia da Montefurado no concello lugués de Quiroga | |
---|---|
Os Albaredos | Os Anguieiros | Centeais | Os Covallos | O Ermidón | Ferreira | O Ivedo | San Martiño de Alvaredos | San Miguel de Montefurado |