Estación de Montefurado
Montefurado é unha estación de tren de Adif, situada en Montefurado, no concello de Quiroga, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.
Estación de Montefurado | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Quiroga ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 20214 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Servizo de conexión | Rexional Exprés ![]() | |||
Media distancia | Rexional Exprés | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarEstá situada no punto quilométrico 318,6 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 279 metros de altitude,[1] entre as estacións de Soldón-Sequeiros e A Rúa-Petín. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarSitúase ao sur do núcleo de Montefurado. O seu edificio para viaxeiros é unha pequena estrutura que cumpre principalmente funcións de refuxio. Dispón de dúas vías aos que acceden dúas plataformas, unha lateral e outra central. Unha terceira vía morre nun dos laterais do recinto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
editarMedia Distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | Vigo-Guixar | <> | León |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Montefurado |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Información da estación na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)